Grazas polo teu sorriso!

07/03/2016

Máis de cen persoas, entre usuarios e persoal de Máis que Auga, participaron no casting que este xoves 3 de marzo realizamos nas instalacións do centro de Barreiro. Unha xornada na que durante as case 8 horas de sesión fotográfica, un total de 107 aspirantes posaron e sorriron para poder ser a imaxe de Máis que Auga na nosa próxima campaña publicitaria.

Familias enteiras, parellas, grupos de amigos, adestradores e monitores das tres instalacións que Máis que Auga ten en Vigo, foron pasando por unha das salas habilitadas en Máis que Auga Barreiro onde amosaron a súa mellor cara para formar parte do grupo de persoas que serán o rostros elixidos.

O bo ambiente e as gañas de colaborar nesta acción foron a nota dominante durante toda a xornada. Entre as reflexións que os participantes compartiron á cámara destacaron as referencias á calidade das instalacións, o gran traballo dos monitores, o fenomenal ambiente que se respira nestes centros deportivos e o seu orgullo por formar parte deles.

Un ano de subscrición gratis a Máis que Auga será o premio para os gañadores, que serán dados a coñecer nesta mesma páxina web dentro duns días.

Desde Máis que Auga solo podemos agradecer esta masiva participación e dicir que o noso maior premio e contar con todos vos como traballadores e usuarios dos nosos centros.

Grazas polo teu sorriso

Emilia, Marcos, Aida, Aladino, Valeria, Ana, Borja, Mónica, Javier…. e así un a un ata chegar aos 107 participantes no casting de Máis que Auga que nos axudaron a atopar as nosas caras da próxima campaña de publicidade.

Grazas a todos por participar!