Goza de ser un bo corredor nos nosos ximnasios en Vigo

22/08/2017

Un  ano máis o equipo de running de Máis que Auga  participa na 24 horas de Vigo que se celebra este fin de semana e que supón unha cita ineludible para nós. Durante todo o ano, nos nosos  ximnasios en Vigo, preparámonos para participar nas carreiras populares máis importantes da nosa cidade e a 24 horas Correndo por Vigo é unha delas.  Este ano participan un total de 36 usuarios repartidos en tres equipos: feminimo, masculino e misto.

En Máis que Auga contamos cun grupo de running composto por 70 socios das tres instalacións de Barreiro, Coia e Navia. O running é unha das moitas actividades e unha das múltiples vantaxes das que gozan os socios nos nosos ximnasios en Vigo de Máis que Auga. Os abonados contan con preparación gratuita a cargo dun dos nosos técnicos que guía e supervisa o seu adestramento. Ao grupo de running pode apuntarse todo o que queira sexa cal sexa o seu nivel, ademais por 11,50 euros ao ano o runner ten un seguro de accidentes deportivos que cubre os adestramentos.

Esta tempada levamos correndo dende o 2 de abril e non paramos ata o 10 de decembro no que se celebra a última proba do Run Run Vigo. Nove carreiras e moitos quilómetros nos que compartimos esforzo, paixón, superación e amizade.

Aprende a correr ben nos nosos ximnasios en Vigo

O grupo adestra  tres veces á semana co responsable de running de cada centro mentres que aos venres quedamos todos no Parque de Castrelos  para facer  un adestramento conxunto no que, ademáis de correr, pasámolo ben: é unha escusa  perfecta para coñecernos máis entre nós, establecer vínculos cos socios das outras instalación e de facer equipo. O obxectivo de Máis que Auga non é só correr xuntos senon compartir momentos, experiencias e retos.

Os técnicos dos nosos ximnasios en Vigo están en todo momento pendentes da resposta do teu corpo, velando para que podas dar o mellor de ti. Eles saben ben ata onde es quen de chegar e vante axudar sempre a conseguilo.  Planifican os adestramentos tendo en conta obxectivos a longo e corto plazo, non deixan nada ao azar: trabállanse técnicas de carreira e exercicios de fortalecemento para evitar e previr lesións, se corrixen posturas para conseguir ser máis eficacesdurante as carreiras.  Os nosos técnicos aportan a súa experiencia e aconséllante sobre as carreiras que te  poden ir ben pola túa fisioloxía, realizando un traballo dinámico e cercano.

Os runners que adestran nos nosos ximnasios en Vigo teñen un vínculo moi especial entre eles: de solidariedade, confianza e respecto. En Máis que Auga sempre tivemos como obxectivo fomentar a práctica do deporte colectivo por todos os beneficios que aporta tanto a nivel físico como psíquico. Imos máis alá do deporte, procuramos o benestar e a saúde dos nosos 20.000 usuarios.

Corremos para ser felices, corremos para ser Máis que Auga!