Goza da familia en Máis que Auga

17/08/2017

Gozar do deporte en familia é unha das vantaxes que ofrece Máis que Auga grazas ao abono familiar. Éste é o caso do matrimonio formado por Marcos e Ana, pais de Antía e Sabela de 9 e 4 anos, respectivamente. Os catro son socios de Máis que Auga Navia dende que abreu e gran parte do seu tempo de lecer xira ao redor das nosas instalacións. Este matrimonio ten un calendario moi organizado que lles permite acudir todos xuntos a practicar diferentes actividades dirixidas: así, mentres eles están en clase de power ou gap, as nenas  están en zumba ou wodfit kids. Ademais das actividades dirixidas, Marcos forma parte do grupo de running e Ana do de travesías.

Para este matrimonio, os nosos ximnasios en Vigo,  lles ofrecen moito máis que a posibilidade de practicar deporte. Tanto as nenas como eles teñen o seu grupo de amigos dentro do centro e hoxe en día se atopan como en familia. As pequenas coñecen a todos os técnicos, son quen de reservar as súas actividades no kiosko e como apunta Antía a maior: “En vez de estar no parque cada un por separado e falando polo móbil, aquí podemos vir todos xuntos a facer deporte” Outra das cousas que lle encanta a Antía é facer competicións na piscina co seu pai, xa que ela é un gran nadadora  e forma parte do clube de natación Rías Baixas.

O bono familiar Máis que Auga permite que Marcos e Ana podan conciliar con máis facilidade. O feito de que as nenas teñan unha gran variedade de actividades das que ademais gozan é un alivio para eles á hora de cadrar tanto horarios laborais como de ocio. Por outra parte, este matrimonio está moi implicado na vida do centro e son os primeiros en apuntarse cando hai eventos nos que pode participar toda a familia.

Así que si ti tamén queres gozar coa túa familia das nosas instalacións, consulta as nosas tarifas na web ou pásate por calquera dos nosos centros de Barreiro, Coia e Navia para informarte das moitas vantaxes das que gozar co abono familiar. Xa sabes eso de que a familia que fai deporte unida, permanece unida…