GLUTEBOOM, UN ADESTRAMENTO DIFERENTE PARA TRABALLAR PERNAS E GLÚTEOS

23/01/2022

Volvemos facelo, si! Coámonos nunha clase para contarvos o que vimos, explicarvos en que consiste a actividade e coñecer as opinións dalgún dos nosos usuarios e usuarias.

 

Así que entramos na clase de  gluteboom de Pablo Fernández en Barreiro, quen nos explicou en que consiste o  gluteboom, aínda que xa o nome dá pistas. E si, non nos equivocamos. “É un programa de adestramento creado para traballar os  glúteos, as pernas e os abdominais dunha maneira diferente ata a data”. Na clase, que se vai dividindo en tramos sempre acompañados da música, realízase un traballo específico de  tonificación, queima graxa e acondicionamento específico de abdominais e  glúteos, o que che permitirá observar os resultados no teu corpo moi pronto. Ademais, “a dinámica da clase é espectacular, contando sempre co apoio dunha base musical incrible”.

 

Sen ningunha dúbida é unha actividade innovadora, esixente e divertida, para todo tipo de persoas, de idades e de xénero, aínda que na clase á que asistimos o público era maioritariamente feminino. Non faltan as  sentadiñas, os saltos, o traballo con gomas e pesos, e sempre acompañado pola música e o fantástico estímulo dos nosos técnicos/as.

Ao finalizar a clase falamos con Paula, socia de  Máis que  Auga desde marzo do 2020, quen asegura que as súas clases favoritas son  gluteboom e power. Preguntámoslle porqué  gluteboom e asegura que “polo traballo que se realiza, máis  aeróbico, e centrado nos abdominais e os  glúteos. Ademais, é unha clase con moito ritmo, de menos a máis”. Paula explícanos que ao final fas grupo en clase xa que “moitos somos os mesmos día a día, sempre repetimos, e antes e despois das clases sempre falas”. Ela acode a  Máis que  Auga cinco días á semana.

 

Pero tamén quixemos coñecer a opinión doutra usuaria habituais desta clase, así que lle preguntamos a Sonia, socia de  Máis que  Auga Navia e asidua a esta actividade, que é o que máis lle gusta de  gluteboom e así nolo explica: “É coma se te acendeses por dentro. Primeiro comezan  suave, pero aos poucos van subindo en intensidade. Son exercicios que, mesturados coa música, fan que te movas e te sintas ben por dentro e moi feliz”.

 

Esta actividade está incluída no abono de socio/a, de forma que, se che apetece probar, só deberás reservar a túa praza a través da web ou da APP de  Máis que  Auga.