Fóra tabús: Hipopresivos para todos e como complemento ao adestramento

26/05/2020

Interesantísima a charla sobre hipopresivos que nos ofreceron na nosa webinar dos luns, a nosa compañeira Jana Nogueira xunto con Tamara Rial e Piti Pinsach, de Low Pressure Fitness. Serviu para desmontar tabús e deixar moi claro que os hipopresivos son para homes e mulleres, para todas as idades e un magnífico complemento ao adestramento.


Hipopresivos para homes.
A doutora Tamara Rial pensa que hai varios motivos polos que os homes consideran que os hipopresivos non son para eles: Falta de información, tabús? Sexa cal sexa, o certo é que están equivocados. O home ten aparello reproductor igual ca muller e o máis adecuado sería realizar un traballo preventivo para evitar chegar ás disfunciones, que poden ser dores pélvicos, de costas, incontinencias, disfunción eréctil… Por todo iso é fundamental facer un traballo preventivo, incorporar o traballo hipopresivo ao noso adestramento, o que, sen ningunha dúbida, axudaranos a evitar as lesións e as dores.

 

Nenos e adolescentes. Outro público fundamental para hipopresivos, sobre todo para corrixir malas posturas -provocadas polo ordenador, tablets e móviles-, ademais da importancia da respiración. Piti Pinsach recordou que nestes momentos xa está definida a enfermidade do whatsapp, “Whatsappitis” (a inflamación dos tendóns dos dedos). E o mesmo sucede coa síndrome do ordenador, con dores no pescozo provocado pola incorrecta postura. Tanto Jana como Piti insistiron en que, no caso dos nenos hai que incorporar os hipopresivos como un xogo.

 

As persoas con máis experiencia. E non podemos esquecernos das persoas con algún ano máis e moita experiencia na vida. Elas, as mulleres, acoden, aínda que normalmente faio cando teñen algún tipo de patología (o ideal sería non esperar a ter dor e realizar un traballo preventivo) e no caso dos homes persiste ese tabú que temos que derribar.

 

Hipopresivos para deportistas. Sería fundamental incorporar os hipopresivos como unha parte dun adestramento global. É importante traballar ese músculo antes de que haxa lesión. A doutora referiuse aos ciclistas ou os futbolistas (coa pubalgia) como algúns dos máis afectados, pero o certo é que este adestramento é positivo para todos. Así, recomendaron antes de facer o adestramento, dedicar uns minutos á respiración, e ao finalizar, nos estiramientos, incorporar o traballo hipopresivo. Esa é a fórmula correcta!

 

Complemento do adestramento. Ao longo da charla de onte, a nosa compañeira Jana repetiuno en numerosas ocasións. Os hipopresivos deben formar parte dun adestramento global, tendo un papel compensatorio no mesmo. Porque hai que realizar un traballo global: Os hipopresivos axudan, pero hai que facer unha boa alimentación, ter un bo descanso, realizar outros adestramentos, bailar… Todo se complementa e o máis importante é saber para que se utiliza cada unha das ferramentas.

 

Pero o mellor será escoitarlles! No seguinte enlace, tendes a charla. Non vola perdades!