Usuarios de fitness en gimnasios Vigo

Fitness express, 20 minutos moi intensos

14/05/2017

Mediodía en Barreiro. 12.00 horas. Na megafonía do centro soa un sinal moi parecido ao que se escoita nos aeroportos. Só que en lugar de chamar a un pasaxeiro ao que está a punto de saírlle o vo, o aviso é para os usuarios que se atopan nasinstalacións neses momentos. “Bo día! En 5 minutos comezamosunha clase de fitness express. Animádevos a participar”, anuncia Iago Pichel, o técnico de sala.

Pouco a pouco os usuarios chegan a zona central mentres Iago escribe na pizarra os exercicios que se van  realizar na clase. Fitness express  é rápida, intensa e efectiva. En 20 minutos Iago fai que os usuarios traballen a forza e a resistencia con exercicios que movilizan todo o corpo. Despois duns minutos de explicación e de calentamento, Iago colle o  cronómetro e comeza a clase que vai a un ritmo trepidante entre TRX, sentadillas, ketellbells e remo.  Na clase de hoxe participan cinco persoas, dous homes e tres mulleres que cando rematan quedan sastisfeitos e agradecen activarse tan rápido e en tan pouco tempo.

As clases de fitness express están pensadas para facer un adestramento moi completo en só 20 minutos. Está dirixida polo técnico de sala e nela se fan exercicios de alta e media intensidade. Os exercicios se desenvolven en grupo polo que é perfecto para quen non lle guste adestrar en solitario. Realízase nas tres instalacións de Barreiro, Coia e Navia tanto pola mañá como pola tarde, son gratuitas, e hai clases prácticamente cada media hora. Os horarios están na web, nas pantallas dos centros e antes de comezar se anuncian por megafonía.