Madres practicando fitness posparto en gimnasio Vigo

Fitmom para nais e bebés

12/03/2017

Patricia é unha nai primeriza que acude todos os xoves coa sua filla  Alba, de 9 meses, ás clases de fitmom posparto en Máis que Auga Coia. Mentres Patricia fai o seus exercicios de recuperación Alba xoga cos que seguramente son os seus primeiros amigos na vida:  Eli e Mateo, de 8 e 4 meses respectivamente. Tamén eles acuden coas suas nais e resulta imposible saber quen dos seis o  pasa melllor.

Patricia nos conta que o máis importante para ela é poder compartir coa súa filla esta actividade: “Máis que conciliar o que me gusta de vir con Alba é que ela pode interactuar cos outros bebés e se espabila, así que a experiencia resulta moi positiva non só para min senon tamén para ela”

O caso de Luci, nai de Eli, é diferente porque para ela a conciliación sí é importante e se non poidera  acudir coa nena tampouco ela podería ir ás clases. Por eso lle parece tan necesaria a iniciativa de poder levar aos bebés: “É unha idea estupenda e se botan en falta actividades deste tipo porque as que acabamos de ser nais necesitamos un pouco de tempo para nós”

As clases de fitmom posparto duran 45 minutos e nelas se fan exercicios para a  recuperación do solo pélvico e a cintura escapular.  O que se pretende con estas clases é axudar a contrarrestar os desequilibrios musculares producidos polos cambios anatómicos do embarazo.

As nais teñen dúas posibilidades: acudir soas ou levar con elas aos seus bebés. As clases de fitmom posparto impártense nas instalacións de Coia e Navia. O prezo da actividade en Coia é de 8,10 euros mensuais para socias e de 16,20 euros para as que aínda non son abonadas. En Navia o prezo é de 8,35 euros mensuais para abonadas e de 16,65 euros para as non socias.