FITDRINKS CHEGA A MÁIS QUE AUGA PARA QUEDAR

15/07/2023

Será unha das novidades do verán. O día 17 de xullo, Fitdrinks, a fonte de auga e bebidas isotónicas sen azucre, chega aos tres centros Máis que Auga. Ata finais do presente mes este servizo será gratuíto para os nosos socios e socias, para que poidan coñecelo e decidir se lles interesa a súa contratación.

 

Pero é posible que non saibades que é Fitdrinks. É un dispensador de auga purificada e bebidas isotónicas con sabor e sen azucre, ao que poderás acceder comodamente coa túa pulseira de socio/a e encher a botella que utilizas normalmente para hidratarte no ximnasio. Por certo, coincidindo con este período de proba, teredes en oferta o novo bidón de auga de Máis que Auga ao prezo de 6,90 (no canto do 9,90, prezo habitual e que recuperará o día 1 de agosto).

 

Durante estes quince días poderedes probar de forma gratuíta este servizo, coñecer os sabores e decidir se vos parece interesante cara ao futuro, ter a vosa fonte de hidratación ao alcance da man, con bebidas de calidade e frescas, que poderedes repoñer segundo as vosas necesidades. E todo iso a un prezo moi alcanzable.

 

Ademais, se vos interesa, e decidides contratar Fitdrinks antes de finais de xullo, este servizo terá un custo de 3,50 euros ao mes (*), no canto dos 4 euros que custará a partir de agosto.

 

Moi pronto poderedes probar estas bebidas e estamos convencidos de que vos encantarán e resultaravos moi cómodo este servizo. Xa non teredes que vir cargados ao gym coa bebida, non teredes que parar nunha cafetería para comprar auga se vola esquecestes, non se quentará, beberedes xusto o que necesitades e conseguiredes as vosas bebidas a un prezo máis económico que se o compras no súper!

 

(*) Prezo que se manterá para sempre, se non se dá de baixa. Iso si, coas subidas do IPC correspondente.