Fin de semana moi deportiva e chea de emocións

26/09/2019

Fin de semana de moita actividade deportiva para socios e técnicos de  Máis que  Auga, que despois de semanas de preparación estaban  listos para enfrontar novos retos. Esta fin de semana tivemos varias actividades, ben diferentes, e cunha gran participación dos nosos abonados.

Así, no  Tríatlon  Illas Cíes, que se celebrou o domingo 22, oito socios e dous técnicos realizaron esta incrible aventura, nunha contorna natural espectacular. A natación, na que os participantes cubriron 1.900 metros, celebrouse na praia do  Vao, 90 quilómetros de ciclismo (entre  Canido e A Ramallosa) e 21,1 quilómetros de carreira a pé (entre o  Vao e Samil). Os nosos representantes no Desafío  Illas Cíes foron Antón da Pena,  Sora Valverde, Gerardo Guerrero, Luís Pena, José Luis Martínez, Rafael Piña, Ramón  Troncoso e David Cabaleiro (socios) e os técnicos Borja Hernández e Daniel  Richarte.

Ademais, dentro de Desafío  Illas Cíes incluíuse unha carreira popular de 7 quilómetros, que discorreu no mesmo circuíto do segmento de carreira a pé do tríatlon. E os nosos  runners non podían fallar. Alí gozaron da carreira Rosa María Álvarez, Miguel Costas,  Tanya Recouso e  Dolly Darlen García.

Pero non foron os únicos activos da pasada fin de semana. Ademais un grupo de dez deportistas desprazouse ata Portugal para participar en  Granfondo de  Monçao e  Melgaço, unha proba  cicloturística, que se disputou en tres distancias (140, 104 e 62 quilómetros), co obxectivo de promocionar o turismo de natureza, gastronómico e  patrimonial desta zona.

Na proba máis curta participaron Juan González e Alex Brea; na media competiron Manu Abreu, Fran Cortegoso e Felipe  Morgade  e a de longa distancia foi realizada por Marcos Alonso, Ismael Pena, Borja Ropero, Ángel André  e Jaime del Río.

E finalizamos a nosa fin de semana deportiva con dúas probas de  running. Por unha banda, un repaso ao media maratón Costa da Vela, na que participaron case 500 deportistas, dos cales cinco eran   runners  Máis que  Auga, que como sempre deron o máximo nunha proba moi  esixente. Eles foron Noemí Gómez, Ana Rodríguez, Lucía Pombo, Mónica Vázquez  e Victoriano Sanmartín. E por último, o usuario de  MQA José Luis Mujeriego desprazouse ata Noruega para participar na Maratón de  Oslo. José Luis acabou a proba con moi boas sensacións e ganas de seguir preparándose para novos retos.