O FestiMáis que Máis que Auga ten previsto ofrecer en Navia aos usuarios e ao público en xeral é unha auténtica festa solidaria. O importe íntegro da recadación -2€ para socios para este evento, 4€ para non socios, destínase á asociación Bicos de Papel que se ocupa na cidade da atención aos pacientes oncolóxicos infantís e ofrece apoio ás familias.
Hai tamén prevista durante os días previos unha Fila 0 na que os usuarios de Máis que Auga poden aportar a súa doazón, tras contabilizar largos solidarios nadando na piscina ou metros solidarios nas bicis de ciclo indoor da sala fitness.
Con Máis que Auga o esforzo físico convértese en solidariedade. E xunto ao aspecto solidario esta festa traslada ao aire libre múltiples actividades deportivas e de ocio e espectáculo, convertendo a zona de 4.000 m2 do parking propio de Navia (baixo as pistas de pádel) no campo da festa.
O momento máis especial será durante a mañán coa sesión de Zumba Familias onde Máis que Auga tentará reunir ao maior número de persoas participantes nunha master class de zumba na cidade.
O FestiMáis ofrece ás familias unha ocasión para divertirse xunto aos seus fillos. Durante toda a xornada están previstas actividades para os fillos e fillas: obradoiros de globoflexia, chapas e pintacaras. Tamén poden gozar dun parque de inchables.
A viaxe imaxinaria está asegurada coa presenza de contacontos e un espectáculo de maxia.
Ao final da tarde, unha festa da espuma para todos encargarase de refrescar o ambiente antes de marchar.
Con esa suma de deporte, diversión e valor social e solidario o FestiMáis inaugura a tempada de verán en Máis que Auga.