Feliz Día do Deporte!

04/04/2017

Hoxe, 6 de abril, celébrase o Día Internacional do Deporte co obxectivo de chamar a atención e concienciar á sociedade sobre a súa importancia como ferramenta para promover a paz, o desenvolvemento e a igualdade.

En Máis que Auga  creemos no papel do deporte como fío conductor de valores e estamos convencidos da súa importancia para educar na tolerancia e o respeto. Tanto nas nosas actividades como nos grupos de adestramento que diriximos (running e travesías) temos moi en conta o traballo en equipo e o fomento da solidariedade. Para nós é fundamental compartir esforzo,  sacrificio e tamén a felicidade que procura a superación dos propios  retos.

En Máis que Auga, dende a parte que nos toca, traballamos para conseguir que o deporte sexá máis que unha actividade física: promovemos a inclusión social, loitamos e apostamos polas eliminación de barreiras tanto físicas como mentais, e axudamos a que as persoas se poñan metas e as superen.  Creemos no deporte como forza que move non só corpos  senon tamén conciencias.

Agardamos que teñas un bonito Día do Deporte e que veñas celebralo con nós!