Atleta paralímpico en gimnasio Vigo

Felicidades Chano! 60 anos, 8 ouros olímpicos

28/02/2017

Hoxe, 28 de febreiro, Chano Rodríguez cumpre 60 anos. O paralímpico español con máis medallas de ouro (8) e con participación en 5 xogos olímpicos consecutivos celebra o seu 60 aniversario, nas instalacións de Máis que Auga Navia, donde adestra habitualmente. Nesta ocasión o acompañan as ex nadadoras da selección española de natación, Esther Morales e Lorena Homar, que viaxaron ata Vigo para unirse á celebración tan especial do seu compañeiro e amigo.

Chano nos conta que a día de hoxe o seu desexo é seguir cumprindo anos e manter ese espírito xove que o caracteriza. O mellor nadador paralímpico español da historia nos explica que aínda que ten a mirada posta nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020 tamén é realista: “Antes de acadar esa meta hai outros pequenos pasos por dar como o Campionato de España ou o Mundial”

Chano Rodríguez insiste en que o máis importante da súa traxectoria deportiva non son as medallas. “Esto é só metal, o importante é poder aportar aos máis xoves a parte positiva do deporte, o espírito de superación e as posibilidades que o deporte che da sexan cales sexan as túas circunstancias”, explica o deportista

Chano érguese todos os días ás 4.30 da mañá para cumprir coa súa rutina deportiva. “Hai unha parte moi importante e que é invisible para a xente como os estiramentos, a alimentación equilibrada, as xornadas de fisiio ou o control de peso. Esto é o que fai posible que cando te tiras á piscina con xente máis nova ca ti, podas estar ao máximo nivel”, explica o atleta patrocinado por Máis que Auga.

Para Máis que Auga apoiar a Chano e colaborar con él é unha satisfacción e agardamos que siga cumprindo anos con nós. Parabéns e felicidades campión!