Máis que auga https://maisqueauga.com As mellores instalacións deportivas de Vigo Mon, 10 Dec 2018 12:49:49 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7.4 Nadal Máis que Auga, para grandes e pequenos https://maisqueauga.com/nadal-mais-que-auga-para-grandes-e-pequenos/ Mon, 10 Dec 2018 12:49:49 +0000 https://maisqueauga.com/?p=13898/

Nadal Máis que Auga, para grandes e pequenos

The post Nadal Máis que Auga, para grandes e pequenos appeared first on Máis que auga.

]]>

O Nadal xa está instalado en Máis que Auga dende hai varios días e, para que poidades gozar con nós destas datas ao cen por cen, traémosvos algunhas actividades que vos van encantar.

Como é sabido que os máis pequenos son os que viven con especial ilusión este periodo, a primeira proposta vai para eles. Trátase do Campus de Nadal, unha iniciativa para idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos que promete moita diversión e aprendizaxe durante as vacacións escolares. E tamén axuda aos pais e nais a xestionar mellor estes días de moito rebumbio.

Os cativos interesados en gozar do Nadal ao máximo, poderán acudir en horario de 9.30 a 13.30 horas ás instalacións de Máis que Auga Navia, onde temos preparadas para eles unha chea de actividades que realizaremos dende o 24 de decembro ata o 7 de xaneiro, excluíndo os días 25 de decembro e 1 de xaneiro por ser festivos.

Para pasalo en grande en Máis que Auga durante o Nadal, os nenos e nenas teñen dúas opcións: dende os 3 aos 6 anos poderán gozar do Campus Máis que peques (dende 85 euros), onde o pasarán en grande realizando todo tipo de actividades nas nosas instalacións adaptadas á súa medida. Os máis maiores, de 7 a 14 anos poderán gozar do Campus Deportivo Máis que Auga (dende 56 euros), no que o deporte será o grande protagonista.

Se o que precisades é un horario máis extenso, non hai problema. Podedes engadir o suplemento de Madrugadoiro (de 8.00 a 9.30 horas) e tamén o de horario ampliado (de 13.30 a 15.00h), que se engadirá ao prezo do Campus. Agardamos a vosa inscrición nas instalacións de Navia.

Aínda que en Máis que Auga pensamos moito nos pequenos da casa, non deixamos atrás aos adultos. Por iso, para vós temos unha cita moi especial o vindeiro 15 de decembro. Trátase da primeira edición do Torneo Social de Pádel Nadal Bodegas Eidosela, que se celebrará nas pistas de Máis que Auga Navia.

E, se pensades que isto é todo, estades moi enganados. Como o Nadal é época de celebración, de agasallos e alegría, só por participar no torneo levaredes para a casa un obsequio co que non vos ides resistir a brindar cos vosos seres queridos. Xa o adiviñastes?

Para participar só é preciso realizar a inscrición nesta ligazón e botarlle moita ilusión. E, se non tendes parella de xogo, non pasa nada. Podedes inscribirvos de xeito individual aquí, e nós atoparémosvos unha. O prezo por inscrición é de 12 euros para abonados e de 15 para alumnos e participantes nas actividades de pádel. Bulide! Tendes ata o 12 de decembro para anotarvos!

The post Nadal Máis que Auga, para grandes e pequenos appeared first on Máis que auga.

]]>
Estende os brazos e gaña 400.000 euros con Máis que auga https://maisqueauga.com/estende-os-brazos-e-gana-400-000-euros-con-mais-que-auga/ Fri, 07 Dec 2018 17:08:14 +0000 https://maisqueauga.com/?p=13893/

Estende os brazos e gaña 400.000 euros con Máis que auga

The post Estende os brazos e gaña 400.000 euros con Máis que auga appeared first on Máis que auga.

]]>

En Máis que auga temos un agasallo para ti: a posibilidade de gañar 400.000 euros xogando con nós á lotería de Nadal cos números 11010 e 93825. Para isto, sorteamos un décimo de cada un deles en Facebook, e participar é moi doado.

Só tes que clicar neste enlace para acceder ao post, darlle a like e comentar esa mesma publicación, convidando a tres amigos que poidan estar interesados en participar. Se un dos dous números que entran no sorteo resultaran premiados dende o Premio Gordo ata o 5º da lotería de Nadal, desvelaremos ao gañador a través do noso Facebook. O gañador será elixido de xeito aleatorio a través de Easypromos. En caso de que algún dos números resultara premiado por debaixo do 5º premio da lotería de Nadal, o diñeiro doarase a unha ONG.

Para ter a posibilidade de entrar no sorteo tes que ser maior de 18 anos, residente en España, ter un perfil de usuario en Facebook e ser seguidor da páxina oficial de Máis que auga nesta rede social. Cada usuario só poderá participar unha única vez. O sorteo tan só é válido para contas privadas, quedando exentas de participación as contas corporativas e os perfís falsos.

Podes participar ata o 21 de decembro ás 23.59 horas. A que agardas? Ilusiónate con nós.

Consulta as bases aquí

The post Estende os brazos e gaña 400.000 euros con Máis que auga appeared first on Máis que auga.

]]>
Aberta a inscrición para o torneo de pádel de Nadal https://maisqueauga.com/aberta-inscricion-para-o-torneo-de-padel-de-nadal/ Wed, 05 Dec 2018 12:26:26 +0000 https://maisqueauga.com/?p=13875/

Aberta a inscrición para o torneo de pádel de Nadal

The post Aberta a inscrición para o torneo de pádel de Nadal appeared first on Máis que auga.

]]>

Se a febre do pádel circula polo voso corpo, o voso lugar está en Máis que auga Navia o vindeiro sábado 15 de decembro. Alí, a primeira edición do torneo social de pádel Nadal Bodegas Eidosela agarda por vós e promete unha xornada de moita emoción, na que as nosas pistas estarán abertas a todos os deportistas que queiran participar.

Haberá categoría masculina e feminina e, en cada unha delas, por suposto, premiarase o esforzo e a técnica. Deste xeito, os campións e subcampións poderán marchar para a casa con trofeos e premios debaixo do brazo aínda que, como sabedes, o maior premio é vivir a experiencia tan ben arrodeados.

Se estades pensando en participar, non dubidedes nin un segundo máis, esta experiencia é para vós. A inscrición está aberta ata o vindeiro mércores, 12 de decembro e podedes facela a través da ligazón que facilitamos a continuación: https://goo.gl/forms/DoSU2VFPa2cnSpK42

Tamén podedes anotarvos de xeito individual e entrar nunha lista para buscar parella na seguinte ligazón: https://goo.gl/forms/UInhrMm32x7h9yCu2

O prezo é de 10 euros para abonados e de 15 para alumnos e participantes nas actividades de pádel Máis que auga.

Agardámosvos!

The post Aberta a inscrición para o torneo de pádel de Nadal appeared first on Máis que auga.

]]>
E se toca en Máis que auga? https://maisqueauga.com/e-se-toca-en-mais-que-auga/ Tue, 04 Dec 2018 09:39:45 +0000 https://maisqueauga.com/?p=13865/

E se toca en Máis que Auga?

The post E se toca en Máis que auga? appeared first on Máis que auga.

]]>

Que fariades con 400.000 euros? É unha pregunta, ás veces, difícil de contestar. Un coche, unha casa, unha viaxe arredor do mundo, media vida sen traballar… En Máis que auga, dende logo, non cremos no imposible e, por iso, compartimos cun de vós unha nova ilusión: a da lotería de Nadal.

Dende hoxe, ofrecémosvos a posibilidade de compartir dende o Premio Gordo ata o 5º da lotería, xogando con nós aos números 11010 e 93825. Para que poidamos ilusionarnos xuntos, sorteamos un décimo de cada número cun dos nosos seguidores en Facebook. En caso de obter premio, desvelaremos o gañador o vindeiro 22 de decembro, e o agraciado por fin poderá descubrir que é o que devece por facer. Se non cae o Gordo, non vos preocupedes, temos ata o 5º premio para cruzar os dedos. Pero non todo está perdido! En caso de que o premio fora menor, doarémolo a unha ONG.

En Máis que Auga sabemos que estamos arrodeados de persoas xenerosas. Podedes participar no sorteo a través do noso Facebook ata o 21 de decembro ás 23.59 horas. Avisade aos vosos amigos e familiares para que non perdan a oportunidade de facelo tamén.

Pode que a sorte esté botada pero, dende logo, os máis afortunados somos nós.

Non esquezades consultar as bases legais.

The post E se toca en Máis que auga? appeared first on Máis que auga.

]]>
Máis que auga: oito anos de sorrisos https://maisqueauga.com/mais-que-auga-oito-anos-de-sorrisos/ Thu, 29 Nov 2018 10:00:16 +0000 https://maisqueauga.com/?p=13827/

Máis que auga: oito anos de sorrisos

The post Máis que auga: oito anos de sorrisos appeared first on Máis que auga.

]]>

O mes de novembro non é un mes calquera en Máis que auga. É o mes no que celebramos un aniversario máis ao voso carón. Desta volta van xa oito anos, que se traducen nun equipo de 120 persoas, 90.000 clientes e 20.100 socios nos centros de Coia, Navia e Barreiro.

Ao longo de todo este tempo estivemos con vós en cada tarde de adestramento, na que aínda vos quedaron folgos para levantar unhas pesas ao saír de traballar. Vimos medrar aos vosos fillos e tirámonos con eles á piscina por primeira vez, fomos ese momento de calma que precisades cada semana, e que só pode aportar unha boa clase de ioga, e axudámosvos a mellorar o movemento das vosas articulacións, tal e como vos recomendou o médico cando cumpristes os 60. Entre estas paredes gardamos centos, miles de lembranzas, emocións e un feixe de primeiras veces. O amor a primeira vista antes de entrar naquela clase de bodypump, a sensación de sentirvos realizados ao completar con éxito o voso primeiro campionato, o primeiro kilómetro que fúchedes capaces de correr, o segundo, o terceiro, e ata o décimo e, con moita ilusión, entregámosvos o voso primeiro abono familiar cando a pequena da casa decidiu que, ao igual que para vós, a vida sá tamén era para ela.

Somos tardes de exercicio ao ritmo da música, un par de partidas de padel para comezar o día, e tamén unha amizade que foi medrando entre pedaladas. Somos moitas cousas e, ante todo, sempre levamos un eterno sorriso de orella a orella, que non sería posible sen os imprescindibles, que sodes vós.

Para o vindeiro mes de novembro agardamos que sigades confiando en nós, que nada vos deteña, e que acadedes todas as vosas metas persoais e deportivas. Descoidade, se nos deixades, estaremos aí para velo.

VIII aniversario Máis que auga

The post Máis que auga: oito anos de sorrisos appeared first on Máis que auga.

]]>
Equipo que te pon en forma https://maisqueauga.com/equipo-que-te-pon-en-forma/ Sun, 25 Nov 2018 22:00:16 +0000 https://maisqueauga.com/?p=13803/

Equipo que te pon en forma

The post Equipo que te pon en forma appeared first on Máis que auga.

]]>

O equipo profesional de Máis que Auga está composto de 120 persoas que cobren as diversas áreas de actividade e servizos desde a recepción á sala fitness, a piscina, a zona de pádel ou os gabinetes de fisioterapia e nutrición, para atender ás necesidades das 4.000 persoas que acoden diariamente aos centros Máis que Auga.

A distribución é practicamente paritaria, con 62 homes e 58 mulleres, xente nova, cunha media de idade de 32 anos.

Todos eles e elas son titulados superiores ou medios nas distintas ramas das especialidades da actividade física e deportiva. Na maioría dos casos teñen tamén formación complementaria en áreas deportivas específicas: desde monitores de esquí á práctica activa de deportes como o surf, o taekwondo, o fútbol ou o tríatlon.

A súa mision é poñerte en forma. Atendendo e asesorando a todos os usuarios nas distintas áreas da instalación. Dirixindo as sesións da ampla gama de actividades para grupos que ofrecemos en Máis que Auga. Unha parte deles, normalmente un terzo dos técnicos de cada centro, realiza tamén tarefas específicas como adestrador persoal axudando aos usuarios e usuarias a conseguir obxectivos concretos de mellora física, desenvolvemento muscular, preparación de probas ou rehabilitación.

Con este equipo o teu adestramento será máis eficaz e con obxectivos persoalizados como o fortalecemento muscular, a mellora da condición física, a perda de peso ou a mellora postural.

Un equipo profesional que ten como misión poñerte en forma, profesionalmente preparado para iso e que conta co mellor equipamento e instalacións para desenvolver esa tarefa cos mellores resultados.

The post Equipo que te pon en forma appeared first on Máis que auga.

]]>
O pádel en Máis que Auga é de récord https://maisqueauga.com/o-padel-en-mais-que-auga-e-de-record/ Wed, 21 Nov 2018 22:00:16 +0000 https://maisqueauga.com/?p=13798/

O pádel en Máis que Auga é de récord

The post O pádel en Máis que Auga é de récord appeared first on Máis que auga.

]]>

A participación de abonados nos cursos de pádel de Máis que Auga continúa batendo récords. No mes de novembro foron 677 persoas inscritas nas sesións formativas da Academia de Pádel en Barreiro e Navia. Esta cifra supera o récord histórico anterior acadado en abril deste mesmo ano. O rexistro de novembro supera tamén en máis dun 5% as inscricións dos mesmo mes en 2017.

A ese número súmanse un centenar de alumnos que participan nas clases persoais da Academia de Pádel Máis que Auga, para chegar a unha cifra de 800 persoas que se benefician deste servizo.

Como explica o responsable da Academia, Jaime Barral, “manter ese nivel de confianza é o resultado de aplicar unha metodoloxía baseada no noso grupo de adestradores profesionais, e especializada na iniciación ao pádel a calquera idade”.

Este sistema de adestramento permite unha toma de contacto fluída co deporte ao tempo que, sobre todo no caso dos máis pequenos, se convirte nun reto estimulante para progresar na aprendizaxe.

Nos niveis superiores, os usuarios poden formar parte dalgún dos equipos de pádel Máis que Auga, masculino ou feminino, e competir nas ligas en marcha ao longo do ano: as Series Nacionais, de setembro a xaneiro, e a Liga das Rías Baixas, de xaneiro a xuño. Neste momento uns corenta usuarios e usuarias participan deste reto da competición.

A Academia de Pádel Máis que Auga ofrece durante todo o ano cursos para todos os niveis e en todas as categorías, desde os máis pequenos ata os adultos. En Barreiro e Navia, Máis que Auga dispón das mellores instalacións cun total de 16 pistas cubertas de última xeración. Os usuarios poden reservar pista online desde a propia web Máis que Auga e poden integrarse no grupo propio de whatsapp para organizar os seus partidos. Este ano ademais, Máis que Auga conta cun horario ampliado tamén aos domingos de tarde na instalación de Navia.

The post O pádel en Máis que Auga é de récord appeared first on Máis que auga.

]]>
Equipo con impulso https://maisqueauga.com/equipo-con-impulso/ Mon, 19 Nov 2018 08:00:16 +0000 https://maisqueauga.com/?p=13783/

Equipo con impulso

The post Equipo con impulso appeared first on Máis que auga.

]]>

Máis que Auga apostou desde os seus comezos pola atención persoal como un elemento clave e distintivo. Noso equipo profesional é a base do que somos.

Un equipo novo, formado e cun gran impulso para traballar e ofrecer aos usuarios unha experiencia de calidade. E tamén un elemento vivo, que cambia co tempo: na nosa sección de equipo profesional podes coñecer un a un a todos e todas as integrantes deste equipo técnico e as áreas nas que traballan.

Neste directorio figuran as fotos e o perfil desas 120 persoas que atenden os centros de Barreiro, Coia e Navia, nun amplo horario de atención de 7.30 a 23.30 horas (9.00 a 21.00 horas os sábados e 9.00 a 14.30 os domingos).

Neste espazo podes coñecer cara a cara ao noso persoal, con formación para atender unha ampla gama de adestramentos: desde actividades dirixidas ás distintas modalidades de adestramento persoal.

Un equipo capacitado para manter un abano de actividades dirixidas e mellorar a túa condición física, a túa saúde, o ensino e aprendizaxe básico das técnicas deportivas na sala ou na piscina e tamén os aspectos lúdico-deportivos .

Profesionais capaces de ofrecer o máximo nivel de servizo aos usuarios e usuarias para conseguir obxectivos concretos. Un equipo que fai dos nosos centros un lugar pensado para ti.

The post Equipo con impulso appeared first on Máis que auga.

]]>
Os ‘runners’ Máis que Auga toman as rúas de Vigo https://maisqueauga.com/os-runners-mais-que-auga-toman-ruas-de-vigo/ Thu, 15 Nov 2018 10:50:16 +0000 https://maisqueauga.com/?p=13776/

Os 'runners' Máis que Auga toman as rúas de Vigo

The post Os ‘runners’ Máis que Auga toman as rúas de Vigo appeared first on Máis que auga.

]]>

O equipo de runners de Máis que Auga que participa no circuíto de carreiras populares Run Run Vigo ven de rematar a tempada 2018 como líderes en número de participantes e no terceiro posto polos puntos conseguidos.

A coñecida como marea amarela, pola cor da súa camiseta, participou nas oito probas disputadas entre abril e novembro deste ano. O grupo adestra cada semana e prepara as probas da man dos técnicos de Máis que Auga, baixo a dirección de Alex Brea.

Brea destaca que neste grupo que reúne a unhas 110 persoas, “o que atopan os participantes é unha resposta eficaz para planificar os seus adestramentos e ser quen de progresar”.

A súa presenza expandese tamén fóra de Vigo, xa que moitos deles participan en carreiras en toda a xeografía galega ou española, como a popular San Martiño de Ourense ou a impresionante Behobia-San Sebastián do País Vasco.

Superar retos ou descubrir unha nova paixón son algúns dos seus obxectivos como indica Dolly García: “para min o running é moito porque che permite desconectar de todo ao aire libre. Pero eu nunca imaxinei que podía ir a máis”. E é que é habitual vela nos podios da súa categoría no circuíto Run Run Vigo.

Como recoñece Antonio Salinas, un dos veteranos do grupo, “aquí xuntámonos porque buscamos un adestramento dirixido para alcanzar cada un o seu reto: o meu é estar na media maratón Vig-Bay do vindeiro ano, e iso non o podes improvisar”.

Para Noemí Gómez, outra integrante deste equipo onde a presenza feminina destaca cada vez máis, sinala que “o equipo de running funciona como un grupo con moita cohesión e compromiso. Ademais é unha plataforma que integra outras experiencias deportivas: hai xente que agora fai trail , tríatlon ou que se apunta a maratóns, e empezaron só por correr en grupo”.

Entre as carreiras disputadas no circuíto Run Run Vigo moitos deles prefiren a nocturna Correndo por Vigo que ten lugar en xuño en Travesas polo carácter de barrio e o seu gran ambiente. Outras, como a da Cereixa en Beade, resultan máis técnicas e estenden o deporte fóra do circuíto urbano. Pero a Vig-Bay polo seu carácter de media maratón é o reto principal para este grupo que fai do running unha paixón vivida colectivamente.

The post Os ‘runners’ Máis que Auga toman as rúas de Vigo appeared first on Máis que auga.

]]>
Agora aínda máis wodfit en Máis que Auga https://maisqueauga.com/agora-ainda-mais-wodfit-en-mais-que-auga/ Tue, 13 Nov 2018 06:15:35 +0000 https://maisqueauga.com/?p=13752/

Agora aínda máis wodfit en Máis que Auga

The post Agora aínda máis wodfit en Máis que Auga appeared first on Máis que auga.

]]>

Durante o mes de novembro en Máis que Auga podes impulsar o teu adestramento nos nosos box de Barreiro e Navia. Se o que che interesa é adestrar dun xeito divertido e esixente, agora podes vir probar a nosa proposta de wodfit de xeito gratuíto un día a semana.

A través de diversos exercicios funcionais, variados e executados a alta intensidade, na actividade de wodfit trabállanse capacidades físicas como a forza ou a resistencia para lograr un acondicionamento físico total. Ademais, se contratas a actividade para o mes de decembro terás dereito a un desconto.

Coma sempre en Máis que Auga, os nosos socios que xa están inscritos na actividade tamén poden tirar partido da promoción e gozar un día máis á semana para adestrar dentro dos horarios fixados.

Para inscribirte nesta oferta, só tes que escanear o código QR do cartel que ven ao final desta información e cubrir un formulario. Tamén podes acceder directamente ao formulario ao través deste enlace (https://goo.gl/fJLZF2).

The post Agora aínda máis wodfit en Máis que Auga appeared first on Máis que auga.

]]>