FÁTIMA E RICARDO: O AMOR XURDIU EN MÁIS QUE AUGA

14/02/2021

Máis que  Auga é unha familia. Nas nosas instalacións facemos moito máis que adestrar. Alí coñecemos xente, relacionámonos, xorden amizades, tamén algún enfado, como en todas as familias, e … Tamén nos namoramos! Hoxe, 14 de febreiro, Día dos Namorados, queremos que coñezades a unha desas parellas que “naceu” de Máis que Auga. Alí coñecéronse, alí saltou a faísca e alí namoráronse! Hoxe querémosvos presentar a Fátima e Ricardo e á súa pequena Ayla!

 

A historia de amor de Fátima Ozinete e Ricardo Sampedro xurdiu no ano 2016. Fátima acababa de chegar a Vigo do seu Brasil natal e comezou a adestrar no noso centro de Coia, onde traballaba a súa irmá Flavia, que é unha das técnicas de MQA. “Normalmente iamos en horarios distintos, pero ese día coincidimos. El coñecía á miña irmá, que foi a que nos presentou”, explica Fátima. Non foi un frechazo total, pero a nosa socia recoñece que “notei algo de interese pola súa banda”. E non se equivocou. Ricardo explícanos que “a primeira vez que a vin foi no ximnasio. Eu estaba a adestrar só na parte das pesas e, cando a vi pasar, quedei mirándoa discreto porque me resultou atractiva. Despois, cando a súa irmá nos presentou quedei pillado e non souben que dicir, tentei que non se me notará nervioso, pero era obvio”. E así, como se intercambiaron os contactos, Ricardo decidiu escribir, aínda que “crin que non me faría caso. Cando me contestou, volvín poñerme nervioso, pero ao final, fun collendo confianza e valor para dar o primeiro paso”. E fíxoo moi ben, está demostrado:  “Empezamos a falar por  whatsapp para coñecernos mellor. Despois dun tempo, pasamos a vernos tamén fóra do ximnasio e desde entón non nos separamos máis”, afirma convencida Fátima.

 

Un ano despois, chegou a pedida de man. Ricardo buscou o lugar máis romántico para sorprender á súa parella, un miradoiro único en Cedeira do que algúns din que é o `mellor banco do mundo´. “Levoume ao banco de Redondela e fixo a pedida”, cóntanos emocionada Fátima, quen recoñece que celebran sempre o día San Valentín, “pasámolo xuntos e con moito amor”. Viviron moitas cousas xuntos –“a súa primeira viaxe en avión fíxoo comigo para coñecer a miña cidade, Río de Janeiro”- e pouco despois fomos vivir xuntos. E a felicidade total chegou hai nove meses. Naceu a súa pequena Ayla, que “é a nosa alegría”.

 

Claro, de Máis que  Auga non poden ter un mellor recordo e “seguimos indo adestrar xuntos sempre que podemos, porque agora coa nena é un pouco máis complicado”. Que viva o amor!