gimnasios Vigo

A familia Máis que Auga, invitada a Galiexpo

05/02/2020

En Galiexpo All Sport todo Máis que Auga ten o seu lugar. Os nosos abonados e abonadas, presentando o seu carné ou a súa pulseira, terán entrada gratis a este salón do deporte e da saúde, que se celebrará en Vigo do 7 ao 9 de febreiro. E ademais, a empresa contará cun stand no que haberá concursos, ofertas, propostas, premios e, coma sempre, moito deporte e diversión.

 

O noso stand. Por segundo ano consecutivo, Máis que Auga contará co seu propio espazo en Galiexpo, no que desenvolveremos concursos e competicións entre aquelas persoas que se acheguen ata alí e queiran pasar un momento divertido con nós, así como ter a posibilidade de conseguir un premio.

 

E qué temos preparados para vós? Imos propoñervos un tríatlon indor, un pouco especial! No noso stand contaremos cun remoergómetro, unha bici e un skierg. Teremos un obsequio para os participantes, pero tamén haberá competición, de forma que tomaremos todos os tempos e os cinco mellores neste reto (dos tres días do salón) gañarán un mes gratis como abonado en Máis que Auga (abono individual MáisSpa/dirixidas)*.

 

Sorteo. O día 9 de febreiro realizamos un sorteo no que poderán participar todos aqueles visitantes da feira que encheran un formulario no noso stand e deixarán o folleto na urna correspondente antes das 19:00 horas do mesmo domingo. Haberá tres gañadores para os tres premios que ofrecemos (un reloxo pulsómetro Sunnto 3 valorado en 230 euros,  6 meses gratis en MQA e un mes gratis de curso de pádel) e para participará so debes deixar o teu impreso cuberto*.

 

Ademais, todas as persoas que se dean de alta antes do 11 de febreiro en calquera dos nosos centros días, presentando o flyer “Sorteamos tempo” que se lles entregará en Galiexpo, terán a matrícula gratis. Así mesmo, todos aqueles que se dean de alta a través da páxina web durante os días 7, 8, 9 e 10 de febreiro, tampouco pagarán matrícula*.

 

*Consultade as condicións completas nos nosos centros ou no stand de Máis que Auga en Galiexpo.