Fai as paces co teu peso en Máis que Auga

22/10/2017

En Máis que Auga son moitos os usuarios que acuden ao noso Servizo de Nutrición para que lles axudemos a levar unha dieta sa e equilibrada e, por suposto, a perder eses quilos de máis que non pintan nada no corpo e que tanto estorban. Pois ben: sabes cal é  o peso medio que perden as persoas que, durante o ano acudiron ao servizo? 5 quilos!  Pero ésta é só unha das conclusións dun estudo feito durante este tempo entre os usuarios que pasaron polo gabinete que dirixe Conchi Adrover.

Ademais deste dato tamén temos constatado outras cuestións interesantes:

  • O peso medio das persoas que acuden ao servizo de nutrición é de 83 quilos
  • O 76% dos usuarios que acuden ao servizo de nutrición son mulleres
  • O 27,69 % dos abonados que usan este servizo teñen unha idade de entre 35 e 45 anos
  • A porcentaxe media de graxa que perde quen acude ao gabinete é dun 2,39%

Por certo que a perda de peso tamén implica perda de masa muscular polo que é recomendable compaxinar este proceso co noso Programa de Control Activo de Peso que inclúe adestramentos específicos dúas veces á semana. Conchi Adrover e Roberto García axúdante a aprender pautas para mellorar a túa alimentación, adaptándose ás túas  necesidadaes

Para que coñezas mellor o noso servizo e as súas vantaxes, durante estas semanas ofrecémoste 30 minutos gratis de asesoramento nutricional. Podes resérvalo xa en recepción ou na propia mesa de información que temos instalada en Navia. Conchi Adrover e Roberto García axudarante a aprender pautas para mellorar a túa alimentación, adaptándose ás túas  necesidades.

Non esquezas que a práctica deportiva cunha alimentación equilibrada é a simbiose perfecta para previr un bo número de enfermidades crónicas. Segundo o último estudio realizado pola Sociedade Española de Cardioloxía  case o 40% dos españois sufren sobrepeso e o 21% obesidade. Galicia é xunto Asturias e Andalucía unha das comunidades con maior tasa de obesidade. Non perdas máis tempo e fai as paces co teu peso en Máis que Auga!