Facer exercicio, o mellor plan de pensións!

19/09/2019

Dínnolo os médicos, pero non sempre lles facemos caso. O deporte é saúde e en determinadas fases da nosa vida, nótase aínda máis. Facer exercicio na terceira idade axuda a envellecer  mellor. Así o explica o doutor Manuel Villanueva, primeiro  traumatólogo español premiado pola Asociación Estadounidense de Cirurxiáns  Ortopédicos. “O exercicio pode facer que envellezamos sans, fortes e optimistas, e mellora a autoestima e a calidade de vida mesmo en pacientes con enfermidades neurolóxicas diagnosticadas, como párkinson ou alzhéimer”, afirma.

Ademais, Villanueva destaca que aquelas persoas que estaban en forma cando tiña 40 ou 50 anos, chegan aos 70 en mellores condicións físicas e cognitivas, polo que “o exercicio físico é o mellor plan de pensións”. Por último, o médico lembra que nunca é tarde para empezar, “a idade non importa. A práctica de exercicio de forma regular é unha garantía para cumprir anos con menos enfermidades e unha maior independencia. Mesmo cando se empeza a partir dos 60 ou hai algunha patoloxía”. Iso si, recomenda nestes casos, un recoñecemento médico antes de comezar, para confirmar que non hai contraindicacións con determinadas prácticas deportivas.

En  Máis que  Auga non podemos estar máis de acordo coas valoracións do doutor Villanueva, xa que é algo que vemos a diario nas nosas instalacións e que nos comunican os nosos usuarios máis veteranos, que grazas ao deporte visitan menos os centros de saúde e as farmacias. Hai só unhas semanas, contábanolo Roberto  Espósito, de 89 anos, que leva dous anos como socio fiel en  Máis que  Auga  Coia. “Cando empecei tiña o colesterol alto e agora, dous anos despois, adelgacei dez quilos e a miña analítica está perfecta”.

Ademais en  Máis que  Auga contamos cun persoal formado e cualificado para asesorarvos sobre os exercicios para desenvolver e o tempo. Eles/ as están sempre á vosa disposición para axudar, dirixir e guiarvos na vosa actividade diaria, e evitar así incómodas lesións.

Unha das preocupacións da nosa empresa é contar cos mellores técnicos/as e estamos moi orgullosos do persoal de profesionais coa que contamos, xa que ademais da súa  cualificación, aman o seu traballo e iso é algo que transmiten no seu quefacer diario. E a nosa segunda “obsesión” é traballar na formación continuada, nun sector que non deixa de crecer día a día, polo que nos esforzamos moito en formarnos e aprender tamén nós día a día.

Na seguinte ligazón deixámosvos este interesante artigo do País.