ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA TERCEIRA EDICIÓN DO GALICIA AQUA SUMMIT

26/04/2022

O sábado 23 de abril celebrouse en Máis que Auga Navia a terceira edición  do Galicia Aqua Summit, un evento internacional de fitness acuático, cunha enorme participación e os mellores especialistas a nivel mundial entre os que podemos destacar a Daniela De Toia (Alemaña), unha profesora cun gran  currículo internacional, que visitou por primeira vez visita España nun evento formativo.

 

Este encontro vai dirixido aos profesionais do sector, para facer chegar ao noroeste peninsular as últimas tendencias a nivel mundial. A resposta foi moi boa con más de 100 inscritos de Vigo, Galicia e Portugal, que participaron de forma activa no evento. Por suposto, entre os inscritos, técnicos/as de Máis que Auga, con gañas de seguir formándose e aprendendo dos mellores.

Foi un día moi intenso e ben aproveitado, con tempo para conferencias, talleres e masterclass. Pola mañá celebrouse o módulo de xestión, con catro interesantes charlas sobre a xestión, con ponentes de España, Portugal e Alemaña. A primeira hora da tarde houbo dous interesantísimos “workshops” sobre rehabilitación na auga (Dor de costas e ombreiros: recupere a mobilidade e a estabilidade para unhas costas e uns ombreiros fortes) e a natación creativa en bebés: “Baby Swimming”. E rematou a xornada con cinco masterclass, das cales dúas foron abertas aos socios/as e cursillistas de Máis que Auga, que puideron gozar destas novas tendencias do fitness acuático. A festa acuática final foi dirixida por Francisco Estevão, CEO de Aquatraining Portugal e os alumnos do ciclo superior de Acondicionamento Físico do Instituto de Educación Secundaria (IES) da Guía, en Vigo.

 

Galicia Aqua Summit é un proxecto que comezou no ano 2019 e que tivo un parón obrigado no 2021 por culpa da pandemia. En 2022 regresou con máis forza e ganas de seguir aprendendo e medrando neste sector completamente vivo que non deixa de cambiar, modernizarse e innovar.