Usuarios de gimnasios de Vigo en box de wodfit

Éxito das xornadas de wodfit. Grazas!

26/02/2017

En Máis que Auga estamos moi satisfeitos da acollida que tiveron as xornadas de wodfit que vimos de celebrar nos boxes de Barreiro e Navia.  Preto dun cento de usuarios, tanto abonados como persoas que aínda non son socias, pasaron estes días polas instalacións. Para nós foi un auténtico pracer recibirvos a todos na nosa casa.

Os participantes nestas xornadas suliñaron: o ameno que resulta este adestramento, a intensidade das tareas e o ritmo trepidante das clases.  Non esquezas que ata o 31 de marzo temos unha promoción para quen queira darse dea alta nesta actividade: facemos un 50% de desconto no prezo das clases que contratedes durante ese período.

wodfit  mestura exercicios de forza e alta intensidade nos que se traballan, entre outras aptitudes, a potencia e a velocidade.  A práctica do wodfit mellora a capacidade aeróbica e resulta moi eficaz para queimar graxa nun período corto de tempo.