Evita estos erros na piscina

18/08/2016
A natación é un dos deportes máis practicados en España polo que convén desterrar os erros máis comúns. A nosa técnica, Almudena López, explica en vídeo cómo debemos evitar esos erros e axudanos a correxilos.

Ao nadar hai que por especial atención en tres bloques: o tren inferior, a respiración e a brazada. “Para correxir os erros do tren inferior podemos empregar unha táboa”, detalle Almudena. “Debes elevar ben a cadeira e ter os pés estendidos”. Tampouco debes inclinar o torso ou flexionar o tobillo para que o pé non aumente a resistencia da patada co empeine o máis estirado posible. Tamén as de saber que canto máis separes as pernas, máis fricción xeras e en vez de provocar fluxo, rómpelo.

En canto a respiración, “a diferencia de outros deportes, na natación tendese a coller aire pola boca e soltalo pola nariz”. Un dos erros máis típicos neste campo é xirar só o pescozo en vez de realizar o xiro denominado rolido de crol (consiste en facer un pequeno xiro cada vez que un vai braceando para así desprazarse de forma máis rápido). A mellor opción é respirar cada tres brazadas pero debe ser o nadador o que elixa o ritmo.

Hai que ter coidado tamén coa posición da cabeza xa que non debe estar demasiado alta porque podes provocar que a zona cervical se tensione. Ademais, hai que ter conta que a man de entrada debe estar recta para alcanzar unha distancia de brazada maior e que debe seguir a liña do antebrazo para crear unha superficie cóncava que arrastre máis auga.

Táboas, pas e aletas serán os teus aliados para correxir esos erros e converterte rápidamente nun tiburón de auga, nun dos nosos “peixemáns”.