Mujeres haciendo fitness en gimnasio Vigo

Estrenamos febreiro con novas actividades dirixidas!

02/02/2017

En Máis que Auga estamos sempre atentos ás demandas e necesidades dos nosos socios e non pasamos por alto ningunha das suxerencias que nos fan. Este mes de febreiro temos novidades que van gustar: novas clases de Combat en Barreiro, máis clases de Ciclo con monitor en Coia e Fitmom Posparto en Navia

Para este mes de febreiro nas instalacións de Barreiro engadimos unha clase máis de Ciclo os martes ás 10.30 horas, dúas de Fitness Express os luns e mércores ás 14 horas e unha de Combat os luns ás 19 horas.

Nas instalacións de Máis que Auga Coia dende xa contamos con dúas clases máis de Ciclo con monitor: os luns e mércores ás 19.30 h. Ademáis adiantamos ás 10.45 h. a  clase de Ciclo dos martes. Introducimos outra clase máis de Prepilates os martes ás 10.45. A partir do día 10 se es usuario de Coia tamén podes gozar de máis clases de Hipopresivos tódolos venres ás 19 h.

As mulleres que acabades de ser nais, queredes recuperarvos do parto e sodes usuarias de Navia estades de noraboa: xa hai clases de Fitmom Posparto os mércores e venres ás 11 horas. Tamén engadimos unha clase máis de Core ás 19.30 horas o mércores.

Se es usuario de Máis que Auga ou se non o es pero queres saber cales son as actividades, horarios e duración das actividade que temos nas nosas instalacións non esquezas mirar na web os cadrantes que publicamos cada mes: neles tes toda a información sobre a programación en cada un dos centros.