Estreamos solárium en Máis que Auga Barreiro

05/07/2019

O verán este ano estase facendo de rogar, pero dende xa chegou a Barreiro! Non puidemos  esperar máis para montar a nosa terraza de verán, na que teredes un lugar de recreo e relax.

Que hoxe non os apetece traballar moito na sala fitness e preferides ler un libro baixo unha sombrilla? Que tedes ganas de tomar o sol, pasar polo spa e gozar dunha tarde de relax na nosa compañía? Pois aquí tedes o noso solárium a vosa disposición. Un lugar perfecto para relaxarvos e gozar dun día de verán en familia ou en solitario.

Porque Máis que Auga é moito máis que un ximnasio, queremos acompañarvos no día a día. Entrades na nosa casa e ofrecémosvos as nosas instalacións en toda a súa extensión e con todas as nosas posibilidades.

Dende hoxe, o solárium de Máis que Auga Barreiro espéravos para que poidades pasar un día tranquilo ao aire libre con nós noutra faceta diferente á deportiva.

Vinde coñecer o noso solárium! Xa vemos asomar os primeiros raios de sol!!!