Estreamos a nosa obra de arte en Máis que Auga Coia

23/09/2019

Día de nervios e emocións en  Máis que  Auga  Coia! Hoxe estamos de estreno!!! Despois de tres meses de obras, podémosvos amosar a nosa obra de arte! Así, envolvido en papel de agasallo tiñamos nosa sala fitness, que “creceu” en case 250 metros cadrados, o que nos permite darvos máis espazo, comodidade, máis máquinas e importantes novidades.

Ao acceder a sala fitness,  aínda que non se ve a ampliación, si se aprecia unha sensación de maior benestar, ao dispoñer de máis espazo para moverse entre as máquinas.

No centro da sala podedes ver o estudio de  eGym, unha das atraccións do día de hoxe! É un espazo sen paredes, pero delimitado por cores, para dar máis sensación de amplitude.

E a medida que vas avanzando cara ao fondo da sala, comezas a intuír as novidades… Os globos da esquerda indícanche que entras en zona de trinque. Alí hai máis de vinte máquinas (elípticas, bicicletas, cintas, cintas,  isolaterales de peito e prensa de pernas) cunhas magníficas vistas á piscina. Nesta nova zona adéstranse Ángeles e Marta, nai e filla, que son socias de  Máis que  Auga desde fai 5 ou 6 anos. Hoxe cambiaron de localización para estrear a nova sala e explicaban que estaban contentas: “Hai máis espazo e ademais gozamos dunhas vistas estupendas. A verdade é que valeu a pena a obra”, indica Ángeles (63 anos), quen nos conta que en realidade son socias de Navia, pero van alternando os dous centros, dependendo dos horarios das clases, porque tamén van a zumba e Marta, a súa filla, a  bodypump,  bodycombat… Consuelo é outra das nosas socias habituais e tamén expresou a súa satisfacción: “Hai máis espazo e é máis cómodo, sobre todo nas horas punta, que ás veces é complicado”. Ademais Consuelo destacou a amabilidade do persoal de  Máis que  Auga, “son moi atentos e sempre están dispostos a colaborar”.

Hoxe é día de descubrir… Moitos socios pola mañá ían en busca “das súas” máquinas, que non estaban na súa localización habitual. É o caso de Ramón que nos explica “estou a buscar as tres máquinas que uso habitualmente, porque as moveron. Xa teño a dúas localizadas e vou en busca da terceira”. Iso si, ten claro que o espazo quedou moi ben “e así podemos estar todos con máis comodidade”.

E ao fondo, a nova sala de ciclo- indoor, cun magnífico sistema de luz e son que fará as delicias de todos aqueles a os que lles encanta subir montañas ao ritmo da música e dos seus monitores.

E as sorpresas non remataron. Aínda falta por coñecer como quedará a sala 4 (antiga sala de spinning), que ofrecerá novas actividades a partir de outubro. Así, en Máis que Auga Coia temos máis espazo, máis e mellores máquinas, mellor sistema de climatización e máis actividades pensadas para todos/ as vós/ as.

Así que vos animamos a investigar! Visita Máis que Auga Coia e goza das novidades que vos presentamos!