Estes Reis regala Máis que Auga

28/12/2016

Dende Máis que Auga propoñémoste un agasallo diferente para a túa persoa favorita. Qué che parece se estes Reis regalas unha caixiña na que dentro haxa unha experiencia? A Caixa Agasallo Máis que Auga ten dentro unha pulseira que funciona do mesmo xeito que un bono regalo: dende 10 euros podes cargala co agasallo Máis que Auga que prefiras. Podes escoller entre calquera dos nosos servizos ou actividades.

En calquera dos centros Máis que Auga de Barreiro, Coia e Navia os nosos compañeiros de Atención ao Cliente te asesoran e danche ideas sobre os tipos de agasallos que podes incluir na caixiña cos seus respectivos prezos.

Nós  suxerímoste algúns: bonos de adestramento persoal, clases de pádel, unha clasa de pilates ou ioga, algunha actividade acuática ou mesmo mensualidades. Non esquezas que dende hai uns meses tamén contamos cun gabinete de estética así que se regalas un tratamento de beleza facial ou corporal seguro que acertas.

Estes Reis atrévete e regala unha experiencia de benestar e saúde. E non esquezas que os agasallos máis grandes se gardan sempre en envoltorios pequenos