Ester Navarrete, de Máis que Auga ao FC Barcelona Atletismo

05/11/2017

En Máis que Auga cada vez que un dos deportistas cos que colaboramos alcanza un logro, supera un reto ou obtén un recoñecemento é un motivo de satisfacción. Esto é o que acaba de pasarnos coa atleta viguesa Ester Navarrete, coa que temos un convenio de colaboración que lle permite prepararse físicamente nas nosas instalacións de Máis que Auga Navia

Ester ven de ser fichada polo FC Barcelona de Atletismopara defender ás súas cores e para nós esta nova non pode ser mellor. Falamos con ela para felicitala e para saber de primeira man cómo se sinte ante este novo reto e este novo ciclo persoal e deportivo que ten por diante.

Atopámola adestrando en Navia a onde acude regularmente. Está feliz e como sempre resposta cunha vitalidade e un entusiasmo propio dalguén que está acostumado a superar retos.

Ester cóntanos que esta fichaxe supón unha motivación  moi importante na súa carreira pero tamén “unha aposta importante por min mesma xa que implica competir con xente do meu nivel, competir por mellores marcas, mellores postos e ter un palmarés máis completo”

Navarrete é consciente de que o FC Barcelona é dos equipos con máis prestixio e que, despois de meditalo moito, chegou a conclusión de que non quería nin podía perder este tren “porque non sei se volverá pasar pola miña porta e  o que tiña claro que nun futuro non quería arrepentirme de non ter tomado esta decisión”. E é que Esther é das que ten claro que na vida, quen non arrisca non gaña.

Toda a familia Máis que Auga deséxate moita sorte nesta nova etapa!