Estende os brazos e gaña 400.000 euros con Máis que auga

07/12/2018

En Máis que auga temos un agasallo para ti: a posibilidade de gañar 400.000 euros xogando con nós á lotería de Nadal cos números 11010 e 93825. Para isto, sorteamos un décimo de cada un deles en Facebook, e participar é moi doado.

Só tes que clicar neste enlace para acceder ao post, darlle a like e comentar esa mesma publicación, convidando a tres amigos que poidan estar interesados en participar. Se un dos dous números que entran no sorteo resultaran premiados dende o Premio Gordo ata o 5º da lotería de Nadal, desvelaremos ao gañador a través do noso Facebook. O gañador será elixido de xeito aleatorio a través de Easypromos. En caso de que algún dos números resultara premiado por debaixo do 5º premio da lotería de Nadal, o diñeiro doarase a unha ONG.

Para ter a posibilidade de entrar no sorteo tes que ser maior de 18 anos, residente en España, ter un perfil de usuario en Facebook e ser seguidor da páxina oficial de Máis que auga nesta rede social. Cada usuario só poderá participar unha única vez. O sorteo tan só é válido para contas privadas, quedando exentas de participación as contas corporativas e os perfís falsos.

Podes participar ata o 21 de decembro ás 23.59 horas. A que agardas? Ilusiónate con nós.

Consulta as bases aquí