Este verán, o teu abono da moito xogo

20/06/2016

Máis que auga pon en marcha, para todos os seus abonados, a campaña Transforma, comparte, cede. Está destinada para aqueles que durante os meses de xullo e agosto van reducir a súa asistencia aos nosos centros pero queren continuar vencellados e así non ter que pagar matrícula cando regresen tras o verán. Ofrecémosche tres opcións:

  • Transforma: Se os teus horarios mudan ou vas vir menos veces ao mes, cambia o teu abono a un máis barato ou máis acorde cos teus horarios. De individual a matinal, de familiar a individual,…
  • Comparte: Se o vas a usar menos podes compartir o teu abono con algún familiar ou coñecido que queira darse de alta durante o verán. Se vén no teu nome, aplicarémosvos un desconto a ambos e así compartes o esforzo económico e telo activo para calquera día que queiras vir.
  • Cede: Podes ceder o teu abono a outra persoa. Aforras as cotas de verán e non pagas matrícula á túa volta. Infórmanos de a quen o cedes e cando esa persoa veña, activámolo.

As promocións son para os meses de xullo e agosto e aplicables, en abonos familiares, ao cabeza de familia.

Nas nosas recepcións tes toda a información, máis completa e personalizada.

Consulta aquí todas a ventaxas de ser abonado nos meses de xullo e agosto.