Este San Valentín, o agasallo perfecto témolo nós

07/02/2019

En Máis que Auga querémonos e querémosvos. É un feito que non podemos negar. E, por iso, ímosche dar a clave do agasallo perfecto para que a túa parella e máis ti vivades este San Valentín dun xeito moi especial.

Trátase de agasallar saúde, enerxía, diversión e moito cariño. En definitiva, agasallar Máis que Auga. E, como o 14 de febreiro é unha data moi especial, non podemos pasar sen ter un detalle con vós. Por iso, se lle regalas á túa parella un abono Cuota Plus de un, dous ou máis meses, a metade da matrícula será gratis.

Non deixes pasar a ocasión de facerlle un agasallo orixinal. E tranquil@, se es dos que deixan as compras para a última hora, agardamos por ti ata o 14 de febreiro.

Pero vale máis previr. Dá de alta xa á túa metade pola metade de prezo a través deste enlace ou na recepción do teu centro Máis que Auga. Prometémosche que haberá moito amor para vós!