Este sábado temos ioga en familia

06/04/2016

En Máis que Peques Navia xa temos lista outra cita da programación de ocio en familia a celebrar este sábado 9 de abril de 11.00 a 12.00 horas no Centro de Ocio.  Nesta ocasión queremos ofrecervos a oportunidade de participar cos vosos peques dunha sesión de ioga en familia.

A sesión será impartida polo noso monitor Anxo. A idea é xogar xuntos e facer ioga, con posturas (asanas), técnicas de respiración e relaxación, con mudras e mantras (posturas de mans e cantos) para coñecernos mellor e para afianzar a autoestima.

A través de diferentes dinámicas traballarase dunha forma creativa para mellorar a concentración, a memoria, o sentido de equilibrio e a forza (tanto a nivel físico como mental-emocional). Utilizando os sentidos, os ritmos, sons e as capacidades de movernos, descubrindo novas facetas nos nosos fillos e en nós mesmos.

Unha magnífica forma de relaxarse, interactuar e disfrutar, con pequenos.

  • Onde: Centro de Ocio Máis que Peques Navia
  • Cando: Sábado 9 de abril, de 11.00 h a 12.30 h
  • Custe: 6,25 euros familias socias; 14 euros familias non socias
  • Pago: 24 horas antes do día no que se levará a cabo a actividade