Este sábado imos de andaina polo río Fraga de Moaña

01/05/2016

Máis que Auga vaise ao monte. O vindeiro sábado 7 de maio, organizamos unha andaina polo río Fraga, en Moaña. Será uhna maneira de facer deporte o aire libre, de visitar fermosas zonas cercanas a Vigo e de coñecernos un pouco máis nunha xornada de lecer e convivencia.

A salida será ás 9.00 horas da instalación de Navia para os que vaiamos en bus. Media hora máis tarde para os vaian de forma particular. Quedaremos no inicio da ruta, en Moaña, e a hora de regreso prevista é ás 13.30 aproximadamente.

Temos disponibles 55 prazas para os que vaiamos en autobús, e o precio de desplazarse neste transporte é de 6 euros. E necesario contratar un seguro individual para participar nesta actividade.

As inscripcións poden facerse en calquera das tres recepcións de Máis que Auga (Barreiro, Coia e Navia) e o pago será nese momento.

 

  • Para quén: Persoas maiores de 14 anos
  • Prezos: 4 euros + 4 euros seguro (abonados); 8 euros + 4 euros seguro (non abonados)
  • Bus: 6 euros
  • Data límite para inscibirse: venres día 6, ás 16,00 horas