ESTE NADAL REGALA DEPORTE, REGALA SAÚDE

20/12/2020

Este Nadal regala saúde. É un deses agasallos que non caducan nin se pasan de moda e agora, neste momento no que estar fortes é máis importante que nunca, é o máis adecuado. Por iso, desde Máis que Auga presentámosvos un presente para estas festas que ten un valor dobre, xa que regalas saúde á persoa á que queiras e mesmo te auto regalas un desconto.

 

Esta é a nosa proposta! Regala a quen ti queiras a nosa pulseira Máis que  Auga e atoparás a matrícula rebaixada nun 50%. Ademais, ti decides desde cando e o número de mensualidades co que queres agasallar ao teu familiar ou amigo. E para ti? Pois por cada mes que regales, terás un desconto de 5 euros na túa próxima mensualidade. A pulseira entregarase nunha bonita caixa, para que o agasallo teña unha boa presentación e póidaslle engadir unha nota.

*Promoción non  acumulable.

*Agasallo só para novas altas.

 

Así, xa non hai escusa! Pídelle este agasallo a Papa Noel ou os Reis Magos e, esta vez si, cumpre un dos obxectivos que nos marcamos sempre ao empezar cada ano: Poñerte en forma! Ademais, realizar actividade física non só é positivo para estar mellor no aspecto físico e fortalecer o sistema inmunitario, que xa de seu, é moi importante, senón que ademais, axudarache a sentirme mellor no aspecto anímico, algo tamén fundamental nestes momentos nos que todos estamos un pouco máis decaídos. E por riba, como coñeces Máis que Auga, estarás seguro de que á persoa á que lle fas o agasallo estará nun entorno seguro onde se toman as medidas de prevención ante a COVID-19.

 

Este Nadal, regala deporte, regala saúde!

Chano Rodríguez e Aroa Sío