Este domingo os nosos runners participan na carreira Vigo Contra o Cancro

18/10/2019

Este domingo 20 de outubro celebrarase no barrio de Coia a sétima edición da carreira Vigo contra o Cancro, coa presenza de 50 runners Máis que Auga nunha participación total de 5.000 persoas que encheron o cupo máximo de inscritos previsto pola organización. Esta proba forma parte do circuito de carreiras populares Run Run Vigo 2019.

 

Un ano máis, a cidade de Vigo volcouse con esta proba, que ten un carácter solidario, xa que a recadación será donada a proxectos de investigación contra o cancro e actividades con nenos/as de oncoloxía. O xoves pechouse a inscripción ao alcanzarse os 5.000 participantes, número máximo previsto pola organización.

 

Esta proba conta con dúas modalidades: a de 5 quilómetros, que é non competitiva, e se pode facer correndo ou camiñando, porque o obxectivo fundamental é sumarse á iniciativa, sexa cal sexa a túa condición física. E despois está a carreira competitiva, a de 10 quilómetros, que é a que sumará para o circuito Run Run. E hai unha terceira opción, para aqueles que non poidan o nun queran correr, pero si colaborar con esta causa. Existe o quilómetro cero, para facer unha donación, que se utilizará para os mesmos proxectos solidarios.

 

Dende aquí queremos animar aos nosos runners e felicitarlles por participar nesta actividade solidaria!