Estamos no tempo do campus Máis que Auga!

07/06/2019

Achegámonos ás vacacións dos máis pequenos da casa e mentres os colexios pechan, en Máis que Auga abrimos as portas para acceder aos nosos campus de verán. Teremos campamentos do 24 de xuño ao 6 de setembro, que podedes contratar por semanas, quincenas ou meses, segundo as vosas necesidades.

Haberá campus multideporte en Navia e Barreiro, e campus Máis que Peques en Navia para os máis pequenos (de 3 a 6 anos). Recordade que en Navia o campus é para nenos de 7 a 14 anos, mentres que en Barreiro poden inscribirse rapaces de 4 a 14.

Que farán os participantes durante a semana? Haberá pádel, zumba, piscina, wodfit, xogos populares… E sempre acompañados por  técnic@s cualificados para garantir a calidade da actividade e que @s vos@s fillo@s estarán nas mellores mans.  Ademais este ano contaremos con excursións os venres nas que haberá  hípica, surf, entre outras actividades. Incluídas no prezo!

Este ano o horario medrou (será de 9 a 14 horas) e tamén existe a posibilidade de amplialo para os madrugadores (dende as 8) ou ben a última hora (ata as 15:30 horas).  No caso de irmáns  hai descontos (un 10% por cento para o primeiro irmán e do 15% no segundo) e en Máis que Auga lles ofreceremos a posibilidade de pagar en cómodas cotas.

Podedes consultar as nosas tarifas e condicións na recepción de calquera dos nosos centros, onde os facilitarán toda a información que necesitedes.