ESTA SEMANA, ILUSTRES VISITANTES NA PISCINA DE MÁIS QUE AUGA BARREIRO

26/12/2021

Esta semana se fuches nadar á piscina de Barreiro, puideches coincidir co actual número 1 da clasificación mundial de tríatlon! Soa tan ben, que non nos cansamos de oílo, porque nestes momentos o deportista  Máis que Auga Antonio Serrat lidera a clasificación mundial de tríatlon e estamos tremendamente orgullosos do traballo realizado polo noso deportista.

 

Seguro que algúns vos acordades. Foi a comezos de novembro e despois de competir en  Abu Dhabi, onde obtivo a quinta posición, cando Serrat atopouse co obsequio inesperado de ser líder do Mundial despois da suma das dúas primeiras probas. Era como o agasallo máis que merecido despois dunha tempada moi longa e complicada na que  Serrat foi o mellor triatleta español polos resultados conseguidos.

 

Tras esta proba chegaron unhas pequenas vacacións para o triatleta galego e a comezos de decembro iniciou os adestramentos de novo. Así, esta semana, nos días previos a Noiteboa, Antonio acudiu en dúas ocasións ás nosas instalacións de Barreiro con parte do seu grupo de adestramento.

 

Así tivemos na nosa lámina de auga a grandes deportistas. Xunto a Antonio Serrat estaban Andrés Cendán (5º no Campionato de España de Distancia Olímpica e participante este ano no Mundial de  Acuatlón); o  sub 23 Jorge González, que en categorías júnior fixo  podio no Mundial de  Acuatlón; Antonio Benito (podio é varios Campionatos de España e  en competicións internacionais como os Xogos do Mediterráneo); Iago Lorenzo (podio en campionatos galegos e disputando postos dianteiros en probas nacionais); Iria Rodríguez (internacional en categoría cadete, júnior e  sub 23; este ano participante do Mundial  sub23 de tríatlon) e Ana Santiso (competiu este ano no Mundial de  Acuatlón).

O grupo de Alto Rendemento do CGTD de Pontevedra, no que adestra Antonio  Serrat, comezou a pretemporada a comezos de decembro, polo que se pode dicir que aínda están a iniciar o traballo duro. Agora toca acumular adestramentos e aos poucos ir aumentando en volume e intensidade. Se nada o impide, neste mundo un pouco alterado estes dous últimos anos, pretenden viaxar a Lanzarote (xaneiro ou febreiro) para seguir coa pretemporada nun clima máis benigno e comezar a pensar nas primeiras competicións que chegarán no mes de marzo ou abril.

 

Estaremos atentos ás competicións de Antonio e mentres chegan, buscarémoslle na rúa contigua nas nosas piscinas  Máis que  Auga.