ESTA FIN DE SEMANA ESTAREMOS PENDENTES DE CHANO RODRÍGUEZ QUE COMPITE EN CÁDIZ

17/11/2020

Chano Rodríguez viaxa esta fin de semana a unha piscina da que ten grandes recordos. O noso deportista acudirá, xunto ao seu adestrador Alex Brea, a un Open que se celebrará en Cádiz, precisamente na instalación onde Chano acadou os seus primeiros récords do mundo, ademais de que gran parte da súa familia vive na cidade gaditana (Chano naceu aí), polo que será unha competición moi especial para o nadador paralímpico.

 

Neste ano tan especial todo é un pouco diferente. Así, a Federación Española de Natación, ante a falta de competicións durante o 2020 pola COVID-19, decidiu facer unha convocatoria da selección española para este Open de Cádiz, co obxectivo de darlle a oportunidade de competir aos seus deportistas. Así, nesta convocatoria figuran Chano e o propio Alex Brea, como membro do staff técnico da Española.

 

Chano competirá nas probas de 50, 100 e 200 metros libres, aínda que a que está a preparar pensando nos Xogos Paralímpicos de Tokyo é a de 200 metros libres. O obxectivo fundamental para esta competición é precisamente competir, xa que é o que lle falta a todos os deportistas esta tempada. O traballo nestes meses na piscina de Máis que Auga está a ser moi bo, según nos conta o adestrador, pero non prepararon de forma específica esta proba. “Iremos a competir e a intentar conseguir o mellor resultado posible, como tamén sucedeu en Berlín”, indicó Brea.

 

Dende aquí queremos desexarlle a mellor das sortes a Chano nesta competición!!!