Esquece os teus medos e ven probar wodfit!

03/11/2021

A imaxe dos box de wodfit é sempre atractiva, tanto pola decoración como polo material que se utiliza, polos exercicios que se realizan, o ambiente, a música a todo volume… Ten algo que atrae, pero á vez pensas: “Uf, eu non podo”. Pois hoxe vas borrar esa idea da cabeza! Queremos que coñezas o wodfit e que vexas que é algo ao alcance de todas e todos.

 

Para saber un pouco máis, acudimos a unha fonte fiable, Pablo Barciela, técnico de wodfit en Máis que Auga Barreiro, e el ábrenos as portas do box. “Wodfit é un adestramento de alta intensidade, no que se traballan todas as partes do corpo, combinando exercicios de forza, ximnásticos e cardiovasculares”. E cales son os principais beneficios? Aumenta a resistencia, mellora a psicomotricidad, fortalece a musculatura, baixa o nivel de estrés e mellora a concentración e a motivación.

 

Como vos comentamos antes, imos descartar tópicos. Calquera persoa pode facer wodfit: “Vai dirixido a todo o mundo, só hai que ter ganas de empezar. Hai xente que comeza desde cero. De inicio, realizamos un adestramento persoal onde se explica como traballamos e que traballamos”, destacou Pablo. Así, vendo a participación en Barreiro, o certo é que resulta bastante parello en canto a xénero e moi variado en canto ás idades: “Temos xente de todas as idades desde 19-20 anos ata de 50-55 anos”. E con esta enorme diversidad, o certo é que é unha actividade que crea grupo. Hai xente que forxa amizades e despois practican outras actividades xuntos fóra da instalación, como carreiras populares, trails ou carreiras de obstáculos.

 

As clases, que teñen unha duración dunha hora, son tremendamente variadas e divertidas. Divídense en tres partes moi diferenciadas, polo que non te aburres xa que estás facendo exercicios novos sen parar. A primeira parte é o calentamiento, fundamental para preparar o corpo para despois. Realízase un traballo previo de movilidad articular e exercicios preparatorios, entre os que se pode incluír un xogo. Na segunda parte trabállanse as habilidades (skills), elementos de forza (strenght), o programa condicional (conditional program), ou ben algo de traballo de core, un miniwod, etc.

 

E a terceira parte é un wod (workout of the day) que é o adestramento principal do día. Pode ser un wod normal ou especial, como o dun aniversario (utilízanse os números da data para compoñer o wod) ou o de heroe ou girl.

 

E que é o mellor de todo isto? “Pois que os resultados adóitanse notar pronto, tanto a nivel de forza, resistencia ou axilidade. Ao principio pode custar máis a parte técnica, pero co paso das clases vas mellorando e cada vez es capaz de coller máis peso, tardas menos tempo nos wods e vas notando que o teu corpo funciona mellor”, asegurou Pablo Barciela.