O III Torneo de Pádel Concello de Vigo, que se celebrou estes días nas instalacións de Máis que Auga Barreiro, finalizou hoxe nunha xornada chea de bos partidos e moita emoción. Na categoría federada masculina proclamáronse campións Ignacio Vilariño e Héctor Guisande, mentres que na feminina gañaron Raquel Seijo e María Varela e na mixta Paloma Lázaro e Pablo Álvarez.
O torneo celebrouse en dez categorías (catro masculinas, tres femininas e tres mixtas) e este ano contou cunha participación de 202 parellas. Ao longo de nove días disputáronse 300 partidos e destacou o gran crecemento no número de xogadores federados (primeira categoría), que acadaron case o 25% do total de participantes.
Na categoría masculina o triunfo foi para a parella formada por Ignacio Vilariño e Héctor Guisande, que partía coma gran favorita co título de campións galegos no peto. Na final superaron a Borja Becerra e Juan Santano nunha final moi igualada e espectacular (2-6, 6-3, 6-4).
Na categoría feminina, o triunfo foi para Raquel Seijo e María Varela, mentres que as subcampioas foron Lorena Curiel e Mónica Rey. Os campións da categoría mixta federada foron Paloma Lázaro e Pablo Álvarez, que gañaron a Adrián Cuesta e Olalla Maroto.
No seguinte enlace podedes ver un vídeo sobre o torneo que se celebrou en Máis que Auga Barreiro.