Usuariso de fitness en gimnasios en Vigo

Escolle Máis que Auga: a maior oferta de actividades dirixidas de ximnasios en Vigo

28/08/2017

Setembro está xa aí, á volta da esquina. Malia que é hora de tornar a nosa rutina, esta volta á normalidade non ten porque ser algo negativo nin traumático. Todo o contrario: retomar o ritmo dunha vida ordenada ten as súas vantaxes e beneficios sobre todo cando incluimos actividades que nos gustan e que nos fan sentir ben.  Máis que Auga é o teu ximnasio en Vigo se un dos teus propósitos para este curso que está a piques de comezar é facer máis deporte e por en práctica hábitos de vida saudables. Nos nosos centros de Barreiro, Coia e Navia, temos a maior oferta de actividades dirixidas da cidade para que podas escoller a que máis se adapte ao teu perfil, gustos, obxectivos e necesidades.

Na nosa oferta de fitness  podes atopar actividades de todo tipo, dende intensidade baixa (asequibles para todas as idades e condición físcia) ata a de media e alta intensidade como poden ser Gap, Xtrem e Body Cross. Na nosa oferta teñen moito protagonismo as actividades nas que se desenvolven as habilidades rítmicas como é o caso de Aerobic, Step, Zumba e Fitball Drums. Na nosa páxina maisqueauga.com podes consultar todas as actividades e os seus  horarios.

Vive experiencias nos teus ximnasios en Vigo

En Máis que Auga coñecemos moi ben aos nosos clientes e temos intención de coñecerte moi ben a ti. Sabemos que o usuario dos nosos ximnasios en Vigo busca experiencias deportivas que o axuden a liberar o estrés e a esquecer a súa rutina diaria: quere pasalo ben mentres realiza unha actividade física. De aí o auxe e éxito de todas as actividades que van acompañadas con coreografía.

En Máis que Auga temos o mellor equipo técnico co que se pode contar: 120 profesionais ao teu servizo para atender as túas necesidades e satisfacer as túas inquedanzas  deportivas. En todo momento poñemos en práctica nosa filosofía de persoas que atenden a persoas. Nas nosas clases damos prioridade a enriquecer a experiencia deportiva: o asesoramento continuo, as correcións posturais e a motivación. .

Todo o equipo de Máis que Auga está sempre moi atento ás novidades que xurden no sector do fitness para ofrecerte as últimas tendencia, por eso os nosos  profesionais están reciclándose continuamente con cursos de formación e os nosos directores técnicos acuden ás grandes ferias do mercado.

Nosas  salas de fitness non son só un simple espazo cheo de máquinas, senon que son zonas multiarea nas que os técnicos están continuamente dinamizando a sala con clases express de 20 minutos aproximadamente. Queremos que os nosos usuarios optimicen o tempo do que dispoñen para vir ao ximnasio, por eso ofrecemos a posibilidade de traballar en pequenos grupos con actividades de alta intensidade. Todas as nosas clases son presenciais.

Na nosa páxina web maisqueauga.com  podes atopar toda a oferta de actividades dirixidas e coreografiadas que impartimos nos nosos ximnasios en Vigo en Barreiro, Coia e Navia. Este curso ponte en forma, ponte Máis que Auga!