Equipo que te pon en forma

25/11/2018

O equipo profesional de Máis que Auga está composto de 120 persoas que cobren as diversas áreas de actividade e servizos desde a recepción á sala fitness, a piscina, a zona de pádel ou os gabinetes de fisioterapia e nutrición, para atender ás necesidades das 4.000 persoas que acoden diariamente aos centros Máis que Auga.

A distribución é practicamente paritaria, con 62 homes e 58 mulleres, xente nova, cunha media de idade de 32 anos.

Todos eles e elas son titulados superiores ou medios nas distintas ramas das especialidades da actividade física e deportiva. Na maioría dos casos teñen tamén formación complementaria en áreas deportivas específicas: desde monitores de esquí á práctica activa de deportes como o surf, o taekwondo, o fútbol ou o tríatlon.

A súa mision é poñerte en forma. Atendendo e asesorando a todos os usuarios nas distintas áreas da instalación. Dirixindo as sesións da ampla gama de actividades para grupos que ofrecemos en Máis que Auga. Unha parte deles, normalmente un terzo dos técnicos de cada centro, realiza tamén tarefas específicas como adestrador persoal axudando aos usuarios e usuarias a conseguir obxectivos concretos de mellora física, desenvolvemento muscular, preparación de probas ou rehabilitación.

Con este equipo o teu adestramento será máis eficaz e con obxectivos persoalizados como o fortalecemento muscular, a mellora da condición física, a perda de peso ou a mellora postural.

Un equipo profesional que ten como misión poñerte en forma, profesionalmente preparado para iso e que conta co mellor equipamento e instalacións para desenvolver esa tarefa cos mellores resultados.