Equipo con impulso

19/11/2018

Máis que Auga apostou desde os seus comezos pola atención persoal como un elemento clave e distintivo. Noso equipo profesional é a base do que somos.

Un equipo novo, formado e cun gran impulso para traballar e ofrecer aos usuarios unha experiencia de calidade. E tamén un elemento vivo, que cambia co tempo: na nosa sección de equipo profesional podes coñecer un a un a todos e todas as integrantes deste equipo técnico e as áreas nas que traballan.

Neste directorio figuran as fotos e o perfil desas 120 persoas que atenden os centros de Barreiro, Coia e Navia, nun amplo horario de atención de 7.30 a 23.30 horas (9.00 a 21.00 horas os sábados e 9.00 a 14.30 os domingos).

Neste espazo podes coñecer cara a cara ao noso persoal, con formación para atender unha ampla gama de adestramentos: desde actividades dirixidas ás distintas modalidades de adestramento persoal.

Un equipo capacitado para manter un abano de actividades dirixidas e mellorar a túa condición física, a túa saúde, o ensino e aprendizaxe básico das técnicas deportivas na sala ou na piscina e tamén os aspectos lúdico-deportivos .

Profesionais capaces de ofrecer o máximo nivel de servizo aos usuarios e usuarias para conseguir obxectivos concretos. Un equipo que fai dos nosos centros un lugar pensado para ti.