Equilibra a túa alimentación en Máis que Auga

09/12/2016

A importancia dunha  boa alimentación para a  nosa saúde non é un segredo para ninguén.  Segundo o último estudio realizado pola Sociedade Española de Cardioloxía  case o 40% dos españois sufren sobrepeso e o 21% obesidade. Galicia é xunto Asturias e Andalucía unha das comunidades con maior tasa de obesidade.

En Máis que Auga temos ao teu dispor un servizo de nutrición porque somos moi conscientes deste problema e da necesidade de promover hábitos de vida saudables combinando a práctica deportiva cunha alimentación equilibrada: unha boa dieta axuda previr un bo número de enfermidades crónicas.

A nutricionista, Conchi Adrover é a responsable deste servizo que non está enfocado só a persoas con problemas de sobrepeso senon tamén a todos aqueles que queiran aprender algunhas pautas para mellorar a súa alimentación. No gabinete nos adaptamos ás necesidadaes de cada persoa e lle elaboramos unha dieta pensando nas súas necesidades co seu posterior seguimento.

Podes escoller entre estes  programas:

Programa activo de control de peso: inclúe 2 sesións máis adestramento adaptado e controis de peso,  por 50 euros mensuais para os abonados e 60 para os externos.

Programa mensual de mantemento:  unha vez alcanzados os teus obxectivos podes acceder a este programa que inclúe unha revisión ao mes, dieta e seguimento por 25 euros mensuais para abonados e 30 euros para externos.

Tamén podes pedir unha cita individual de 20 euros para os abonados e 30 euros para os non socios

E por último, un consello para estas datas nas que inevitablemente cometeremos excesos: na medida do posible intenta compensar o desequilibrio do nadal con verduras e hortalizas que te axudarán  a depurar o organismo.  E  non esquezas beber moita auga!