Madre con niños en gimnasio Vigo

Entrada gratis para todas as nais Máis que Auga!

04/05/2017

Cal crees que é o regalo que máis ilusión lle pode facer a unha nai? En Máis que Auga témolo claro: a túa compañía. Qué mellor agasallo que pasar este 7 de maio con ela? Nós queremos contribuir a que fagas feliz á muller que máis cousas che deu na vida e a que menos te pedíu: por eso este domingo abrimos as portas das 3 instalacións para todas as nais dos abonados de Máis que Auga.

Así que xa o sabes: convida a túa nai a pasar a mañá de este domingo facendo exercicio ou relaxándose contigo en calquera dos centros de Barrerio, Coia ou Navia.  O único requisito para  acceder ao centro de maneira gratuita é vir acompañada polo abonado e presentar o seu dni.

Fai de anfitrión das nosas instalacións e móstralle a túa nai cómo gozar dunha xornada diferente en Máis que Auga. A túa nai pode desfrutar gratis de todos os servizos que ti tes no teu abono.

Propoñémoste que empeces pola sala fitnes para continuar pola zona de auga e rematar no noso spa urbano: deixa que a tuá nai se relaxe na piscina de chorros e no jacuzzi. Para que  a mañá sexa completa aconsellámoste que remates o circuito termal na sauna seca, na fonte de xeo, na sauna de vapor ou na ducha de esencias. Estamos seguros de que nunca vai esquecer este día!