Entra en todos os Máis que Auga coa túa pulseira dixital

10/04/2016

Os clientes de Máis que Auga xa podedes solicitar as pulseiras dixitais nos centros de Coia e Barreiro, igual que no novo de Máis que Auga Navia. A pulseira se entrega na recepción.

A pulseira dixital mellora a comodidade,  permite acceder de forma rápida polas distintas zonas de entrada controlada de Máis que Auga, nos tornos de acceso a zona de pádel e a zona de spa. Ademais, a persoa que faga unha reserva de pista pola web xa non terá que pasar por recepción ao quedar rexistrado que asiste coa pulseira.

A pulseira dixital tamén da acceso ao tótem (pantallas) de trainingym que temos nas salas para visualizar os plans de adestramento personalizados. E tamén pódese acceder a piscina e bañarse con ela sen ningún problema.

Todos os socios con tarxeta poden cambiala pola nova pulseira dixital, nas recepcións dos centros. Debes elixir unha das dúas opcións xa que non é posible contar con ambos sistemas de acceso, tarxeta ou pulseira.

Xa sabes que Máis que Auga está pensado para ti. Por eso melloramos cada día a calidade dos nosos servizos.