Entrenador de TRX en gimnasio Vigo

Engánchate ao adestramento en suspensión!

09/02/2017

Manu Álvarez é técnico en Máis que Auga e adestrador de TRX nas instalacións de Barreiro. O TRX ou adestramento en suspensión ten a súa orixe na necesidade dun grupo do exército norteamericano de manter a súa forma física en circunstancias nas que non tiñan nin espazo nin equipo para facelo. Coas  propias cintas dos paracaídas idearon este tipo de adestramento que só precisa ter un punto de anclaxe para as cintas que son as que fan posible adestrar en suspensión

Cales son os beneficios do TRX?

Ademáis de desenvolver a forza funcional, melloras o equilibrio, a estabilidade da parte central do core e a flexibilidade. Co TRX pos a traballar todo o corpo e aínda que o seu obxectivo é potenciar a forza muscular ao realizar exercicios funcionais melloras a movilidade, a coordinación e a flexibilidade.

Por qué aconsellarías un adestramento con TRX?

Con este tipo de adestramento utilizas o teu peso corporal, aumentas a forza e tonificas os grupos musculares. Ao estar en suspensión todo o tempo colles conciencia do teu propio corpo  e adquires un control postural que é moi beneficioso para o corpo.

Este tipo de adestramento require unha prepación física especial?

Non.  A intensidade dos exercicios ven marcada polas necesidades e capacidades de cada usuario. Ao traballar co propio peso corporal, cada persoa está físicamente preparado para levantar o seu propio corpo.  Poden practicalo homes e mulleres sen necesidade de ter un alto rendemento.