EN XULLO REGRESAN OS NOSOS CURSOS INTENSIVOS DE NATACIÓN PARA OS MÁIS PEQUES

06/06/2023

É un dos nosos clásicos do verán: Os cursos intensivos de natación para os máis peques! En época de vacacións, sen colexio e moito tempo libre, é o mellor momento para perfeccionar a técnica de natación, subir de nivel e facer un traballo intensivo que dará autonomía aos pequenos na auga e tranquilidade aos proxenitores. Ademais, que hai máis divertido para os nosos peixiños, que gozar das nosas piscinas? Un planazo para os pequenos da casa no verán.

 

Como son os nosos cursos intensivos? É unha formación de cinco días (de luns a venres), con sesións dunha hora de duración e aberto a nenos/as de 4 a 14 anos. Haberá dous niveis: Iniciación e perfeccionamento, dependendo do punto de partida de cada pequeno, e estamos seguros de que apreciaredes unha gran evolución na súa natación.

 

Ademais, os nenos/as cursillistas (ata o mes de xuño) terán un desconto do 10% e no caso dos externos poderán gozar dese mesmo desconto, sempre que contraten ao longo do mes de xuño. Se estás interesado nesta actividade para ti ou o peque de casa, podes reservar a túa praza na nosa web (https://maisqueauga.deporsite.net/p-contratacion-actividades) ou na recepción de calquera dos nosos centros. Lembra que son prazas limitadas!

 

Estes son os horarios por centro:

NAVIA

INICIACIÓN – De 11:45-12:45

PERFECCIONAMENTO – De 12:45-13:45

 

COIA

INICIACIÓN – De 10:45-11:45

PERFECCIONAMENTO – De 11:45-12:45

 

BARREIRO

INICIACIÓN – De 10:45 A 11:45

 

* Os descontos non son acumulables