EN XULLO, A MARCHA TRASLÁDASE AOS PARQUES FORESTAIS DE VIGO

18/07/2023

O noso grupo de marcha se de algo está sobrado é de ganas, así que a súa festa de fin de tempada é un mes enteiro de actividades, indo polos diferentes parques forestais de Vigo. Quen ten unha festa, se pode ter cinco!

 

Así que o técnico Dani Domínguez, que coñece moi ben aos integrantes do equipo, preparou un mes diferente. Todos os mércores quedan nun parque forestal e é alí onde se exercitan, en contacto coa natureza e coñecendo sitios incribles. Así xa estiveron en Beade, Vixiador e Zamáns, gozando de cada lugar ao máximo  e como sempre con ese espírito positivo para superar os tramos máis complicados.

 

Mañá tócalles Saiáns e o último mércores de xullo repiten en Beade. Tal e como nos conta Dani “é un grupo de xente moi simpático e aínda que é verdade que se están notando as vacacións e somos pouquiños, os que estamos pasámolo moi ben”. Tanto que as súas actividades non se reducen ao mércores pola tarde con Dani, e mesmo o noso técnico xa se apuntou a algunha fóra de horario. “Fan plans fóra da marcha nórdica, porque é un grupo moi divertido e  se levan moi ben entre eles. O outro día quedamos na festa de Coia e fomos á nora”, chancea Dani.

 

E é que coas nosas actividades #OutExperience, ademais de facer deporte, de coidar a túa saúde, tamén podes coñecer a xente, ampliar o teu grupo de amizades e ter momentos de lecer. Se che apetece probar agora, antes de finais de xullo, lembra que a clase é os mércores (18:30 horas). Pregunta na recepción do noso centro e proba!

 

Por se non o sabes, esta actividade está incluída no abono, pero para poder realizala é obrigatorio contar co seguro anual de actividades ao aire libre, que ten unha vixencia dun ano e un prezo de 10 euros. Este seguro cubrirache en todas as actividades que realices no exterior (running, marchas…)  e só terás que pagalo unha vez ao ano.