EN SEMANA SANTA, CAMPUS PARA OS MÁIS PEQUENOS EN MÁIS QUE AUGA NAVIA

10/04/2019

Achégase a Semana Santa e as vacacións para os pequenos de casa. Así que hai que buscarlles unha actividade na que se divirtan e aprendan e precisamente iso é o que lles espera no Campus de Máis que Auga, que se desenvolverá nas instalacións de Navia a partir do luns 15 de abril.

O campus celebrarase os días 15, 16, 17 e 22 de abril (de 9 a 13:30 horas) nos que @s asistentes terán talleres, piscina, contos, xogos e obradoiros, nunhas mañás cheas de maxia e diversión.  O prezo para os catro días será de 53 euros para os abonados e 65 para eventuais, mentres que as horas soltas teñen un custe de 3,05 euros (socios) ou 4,05 (eventuais).

Todas as persoas interesadas poden inscribirse na recepción de Máis que Auga Navia ou en Máis que Peques.

Cuadrante actividades Semana Santa 2019 (previo)