EN NADAL, REGRESAN OS CAMPUS A MÁIS QUE AUGA NAVIA!

25/11/2023

Chega o Nadal e con el regresan os campus a Máis que Auga Navia, nos que os máis pequenos poderán gozar dunha experiencia única na que se combinan deporte, xogos, bailes, manualidades e ata cociña. O campus MQA, para nenos/as de 3 a 12 anos, celebrarase do 22 de decembro ao 5 de xaneiro (excluídos festivos e fins de semana).

 

Cando comeza o Campus de Nadal? O noso campus ten como día de inicio o 22 de decembro, que é venres e por iso cobrarase como un día solto. O resto do campus divídese en semanas (de martes a venres), excluíndo os días festivos (Nadal e Aninovo).

 

Horarios. Como sempre teredes o horario habitual de 9 a 14 horas, coa posibilidade de amplialo (entrando ás 8 da mañá e saíndo ás 15:30 horas). O madrugadoiro ou o servizo do mediodía terán un custo de 10 euros cada un, ou de 15 se contratas os dous.

 

Prezos. Cada semana terá un prezo de 60 euros para os socios e de 70 para non abonados, mentres que o día solto custará 15 para socios e 17,50, non abonados. Para aquelas persoas que contraten as dúas semanas, regalaráselles o venres 22. Outro dato importante é que haberá un 20% de desconto para irmáns/ás.

 

Actividades. Sabedes que os nosos campus caracterízanse pola existencia dun gran número de actividades deportivas, aínda que non faltarán outras opcións. Así, teremos pádel, natación, zumba, crosstraining, coreografías ou habilidades ximnásticas, pero tamén haberá xogos variados, manualidades ou cociña. Todo, menos tempo para o aburrimento.

 

Se estás interesado nos campus de Nadal, non dubides en achegarche á recepción de calquera dos nosos centros e seguro que che resolverán as dúbidas que teñas. Ademais, aí poderás reservar a túa praza e asegurar a diversión para as e os pequenos da casa durante as vacacións do Nadal.