En Máis que Auga temos un sitio reservado para ti!

19/09/2019

Co fin do verán, despedímonos de moitas cousas (praia, terrazas, cervexas, sol, descanso…) e regresamos ás rutinas do traballo, colexios e … ximnasio! Que se os quilos de máis, que se a necesidade de distracción despois do traballo, que se queremos volver recuperar o fondo físico perdido… Todo iso lévanos á recepción de  Máis que  Auga a preguntar pola campaña “Reservado para ti”.

Se non es abonado de  MQA, este é o momento! Do 16 ao 30 de setembro podes facerte socio sen pagar a matrícula (para as 200 primeiras altas por cada centro) e, como sempre,  sen compromiso de permanencia e coa nosa  garantía de satisfacción de 7 días. A partir da alta 201, os novos socios terán que abonar o 50% da matrícula, así que apresúrate!

Que tes que facer para acceder a esta promoción? Moi sinxelo! Só debes rexistrarte en  https://maisqueauga.com/parati/ e despois confirmar no centro seleccionado a túa alta como socio antes do día 30 de setembro.

Se tes algunha dúbida, achégache ata a recepción de calquera dos nosos centros ( Coia, Barreiro ou Navia) e pregunta pola nosa campaña. E lembra… Temos un sitio… reservado para ti!

*Consulta na recepción dos nosos centros as condicións e termos aplicados na devandita oferta.