En Máis que Auga sumámonos ao proxecto sostible co medio ambiente CoRres

22/10/2019

En Máis que Auga non só coidamos o noso corpo, senón que tamén nos preocupamos polo noso planeta. Por iso, estamos moi concienciados coa reciclaxe e sumámonos ao proxecto CoRres do Desafío Boot Camp Vigo.

Este evento deportivo, que tivo lugar  o 6 de outubro na praia de Samil con 2.000 participantes, non deixa de medrar e este ano apostou polo programa CoRres, un proxecto sostible co medio ambiente que trata de divulgar e implicar á sociedade, para que se tome conciencia sobre a importancia da RECICLAXE, a REFORESTACIÓN e a REUTILIZACIÓN do pequeno aparato electrónico. E nesta última R (reutilización) é onde entra Máis que Auga. Dende hai uns días temos instalados nos nosos centros de Barreiro, Coia e Navia uns recipientes cedidos pola empresa Revertia, onde podedes depositar os vosos vellos aparatos electrónicos de pequeno tamaño, tales como pilas, cargadores, móbiles antigos, tablets, reprodutores MP3 ou iPODs….

Ademais de colaborar co medio ambiente, tamén participas nun sorteo de un ordenador reacondicionado. Cando deposites o teu aparato, apunta o teu nome na lista que terás no teu centro e entrarás no sorteo deste ordenador e coñecerás de propia man a segunda vida para dispositivos que caeron en desuso. Anímate e busca eses móbiles perdidos por casa, eses cargadores que so ocupan lugar ou o reprodutor MP3 que xa non utilizas e colaborarás nun proxecto que suporá un impacto positivo na sustentabilidade do planeta.